luns, 7 de setembro de 2009

** Atopar un traballo digno en Google

Google dinos algo en relación á busca dun traballo digno. ¿Que é o que nos di? Probade a facer o seguinte e veredes o que resulta.

1) Abride http://www.google.com
2) Escribide: "encontrar un trabajo digno" no buscador
3) Facede click en "Voy a tener suerte", en lugar de darlle a Enter.
4) Agora é preciso ler despacio o texto resultante. Sorprendente e inxenioso ¿non?.

¡Un aplauso para Google por arrancarnos un sorriso a golpe de luns!. E é que o tema do traballo hai que tomalo con filosofía,paciencia e, de vez en cando, cun chisco de humor para non afogar de pena.

2 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

An dixo...

e probaches a facer o mesmo con encpntrar un mecanico bueno y fiable. Moi bo, Saúdo e apertas

Julio Torres dixo...

Jajajaja, An!!!. Por certo, benvido, que non me lembrei de darche a benvida e que sepas que estas invitado a colaborar no blog no que estimes oportuno. As portas, como todo aquel que le A Lareira Máxica están abertas de par en par.

Moi bo o do mecánico. A ver se o colgo no blog, xunto con algunha outra cousiña curiosa, proximamente, pero está moi pero que moi ben!!!

Un saúdo, amigo
Carpe Diem