xoves, 3 de setembro de 2009

** A Frase Máxica....sobre o tono das palabras


" Nunca xulgo a un home polo que di, senón polo tono con que o di "



Charles Peguy

4 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Mariam dixo...

Coas palabras hai que ter moito coidado, teñen un gran poder de destrucción e aniquilamento. Venme á cabeza un dito dun clásico latino, "somos donos dos nosos silenzos e esclavos das nosas palabras". Levanteime refraneira. Con todo, ás palabras tampouco se lles pode ter medo. Como toda na vida, fai falla un chisco de sentidiño.

O moucho dixo...

Certo é que a forma de decir as cousas, indica a personalidad das persoas. Pero tamen é certo que é mais importante o que se dí que como se dí. Como decía certo escritor, a pluma(referindose as palabras escritas) é mais forte que a espada. A proba mais recente na actualidade temola no mundo musulman, en concreto nas madrasas. Alí non se educa para que os nenos sexan alguen o día de mañá, sinon para crear individuos con unha ideoloxía basada no vasallaje mais estricto e relixioso. Todo o que díga o profesor ou teologo, ten que ir a misa ou atente ás consecuencias. Teñen a figura dos homes santos, coa de que eles sempre teñen a razón e hai que facer o que eles indiquen. A súa palabra é terrible segun co clerigo que fale. Si é un fanatico, apaga e vamonos. A súa palabra move moreas de xente, ainda que digan barbaridades.

Julio Torres dixo...

Moucho: a ver, o contido sempre é importante, pero creo que un mesmo contido dito de diferente forma pode ser distinto ou entenderse distinto. Un mesmo mensaxe dito de diferente maneira pode transmitir algo distinto ó que pretendiamos.

Un saúdo e gracias polos vosos comentarios!!

sonia dixo...

Estou dacordo coa frase, as veces un mesmo comentario feito con diferentes ton de voz cambia a interpretación do mensaxe.
É importante saber o que se quere dicir e sobre todo cómo se transmite o que se quere comunicar.


As veces é complicado, pero é necesario aprender a facelo o mellor posible, supoño que día a día un aprende