** Coidado ó quentar auga no microondas!!!
Hai unhos días, un home de 26 anos decidiu tomarse unha taza de café instantáneo. Pois ben, puxo a quentar no microondas (algo que xa fixera antes en varias ocasións) unha taza con auga soa.Non sei exactamente por canto tempo o programou, pero díxome que quería que a auga fervera. Cando o tempo rematou, o microondas apagouse e sacou a taza del.
Namentres miraba a taza decatouse de que a auga non estaba fervendo; sen embargo, a auga saltoulle directamente á súa cara. Nun acto reflexo, el soltouna das súas mans. A auga saltara cara el por mor da enerxía que tiña acumulada non seu interior. Toda a súa cara ten agora feridas de 1º e 2º grado e é moi probable que a cara lle quede marcada para sempre. Ademais de perder parcialmente a vista no ollo esquerdo.
Mentras estaban no hospital, o doutor que o atendía comentoulle que este tipo de accidentes eran moi frecuentes e que nunca debería poñerse soamente auga a quentar no microondas.
Se se quenta a auga desta forma sempre se debe poñer algo no auga, un pao de madeira ou unha bolsiña de té, pero se se vai quentar soamente a auga é mellor usala cociña de gas. Isto é o que un profesor de física dixo ó respecto: “esta acción é causada por un fenómeno coñecido como superquecemento” . Pode acontecer en calquera intre no que a auga se está quentando, especialmente se o utensilio que se está usando é novo. O que sucede é que a auga quéntase moito máis axiña do que as burbullas empezan a formarse. Se a taza é nova, non ten ningunha ranura no que as burbullas poidan ir e poden empezar a burbullear na auga que xa está fervendo, de tal maneira que a auga vaise quentando sobrepasando o tempo de ferver (como quen di: ferve, ferve, ferve e ferve).
O que pasa entón é que a auga atórase, queda estancada e, ó contacto co aire, a auga salta con forza pola enerxía contida.
Por tanto: ¡NUNCA SE VOS PASE POLO MAXÍN FERVER A AUGA SOA NO MICROONDAS!
INFORMACIÓN REMITIDA POR: Patricia Loureiro
Colaboradora de A Lareira Máxica
2 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Dame que é un bulo de internet. Hoxe é un home, fai un ano unha adolescente, fai tres anos un neno. Se realmente houbese ese perigo os proveedores de microondas poñerían unha pegatina tipo: ATTENTION: DO NOT SET THE WATER TO BOIL. Que tampouco é tan dificil poñer unha pegatina!
Non sei si é certo ou non, a cuestión é que o fago moi a miúdo, nunca me sucedeu nada. Pero, a partir de agora tereino en conta, non vaia ser.
Grazas pola información
Publicar un comentario