martes, 22 de setembro de 2009

** Xa está aquí....

Se alguén me ofrecera a posibilidade de eliminar unha estación do ano, un servidor tería claro o nominado para abandoar o calendario: o outono. Non me gusta, paréceme moi triste. Quizás non sexa unha estación tan fría e chuviosa como o duro e húmido inverno, pero nunca me gustou a tristeza que destila. Ata as follas caen das árbores para tentar fuxir, pero morren no intento.

A primeira parte do outono aínda ten un pase -a pesar de que supón pasar da estación estrela que é o verán ó outono-, pero o que é a segunda parte do outono (novembro e case todo novembro), sí que non me gusta nada: días pequenos, nos que ás 6 xa é de noite. E sorte que estamos en Galicia, o lugar de toda Europa onde máis tarde en facerse de noite. Non hai que ir saír de España para comprobalo: Barcelona, por exemplo: alí a principios de decembro é de noite as....5 da tarde. Qué atentado!!!. E xa non digamos canto máis ó leste vaiamos...

Sexa como sexa, o outono xa está aquí, empezará dentro duns minutos: ás 23:19 horas deste 22 de setembro de 2009. Ougallá que este outono sexa máis alegre e que o mal tempo non faga acto de presencia, para compensar.

Déixovos con este vídeo que atopei sobre o outono no que vemos imaxes desta estación á par que escoitamos a gran voz de Antonio Vega co tema "Pasa el otoño", xa que se o outono é triste, ninguén mellor que o mozo triste e solitario para recibilo (o que non quita que me encanten moitas das súas cancións)... E é que onde se poñan as flores e as follas esplendorosas da primavera, que se quite o outono!!!!. O dito que se tivese que elixir unha das catro estacións para eliminala do calendario sería a do outono. Cambiaría por unha segunda primavera ou por un verán segunda parte. Din que segundas partes nunca foron boas, pero neste caso penso que sería unha boa excepción. Ougallá que, como di o seguinte, o outono pase (pronto, engado).





UN ARTIGO-OPINIÓN FEITO POR: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica

5 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Isabel dixo...

Pois para min o Outono ten un encanto especial, a súa cor, o seu aroma, é certo, os días fanse máis curtos pero desterro a tristura ,a melancolía que ás veces poda eu sentir está en min..
"No hay melancolía sin memoria ni memoria sin melancolía."Marcel Proust

Oscar dixo...

Hola, gracias por visitar mi blog el otro dia.

En una primera visita pensé que era todo estaba escrito en portugués, que ignorancia la mia, en mi segunda visita he visto que era gallego, no hablo gallego pero se entiende.

Pues ami personalmente el otoño es de los que mas me gusta

s dixo...

Non é a miña estación preferida, pero dende hai pouco tempo percibo nesta estación un certo encanto.

Sen embargo coincido en que non me gusta nada que os días sexan máis curtos, sobre todo os de novembro.

As estación que máis me encantan son a primaveira e por suposto o verán, quizá por a luz e asociar as vacación, a praia, o calor....

Despois estaría o outono polo seu cor...Podes disfrutar de longos paseo con certo calorcillo, aínda non é o frío do inverno e choiva depende...

É finalmente, o inverno é a estación que menos me gusta, polos días, o frío....

Sen embargo, penso que cada estación ten o seu encanto, o seu punto. Depende do momento, da vida, de...pódense ver doutra cor.

Alvariño dixo...

Pois, a min gústame o outono. Tanto, que creo que é a miña estación favorita.

Meiguiña dixo...

Non me quites o outono a min gostame moito