domingo, 20 de setembro de 2009

** España proclámase campiona de Europa de Baloncesto

A selección española de baloncesto proclamouse hoxe Campiona de Europa de Baloncesto, tras vapulear na final a Serbia, outra das favoritas por un marcador de 85-63. España, que tamén é a actual campiona do Mundo (título acadado hai 3 anos no Mundial de Japón), suma así un novo éxito e aproveita para desquitarse do mal sabor de boca da medalla de plata do anterior Europeo disputado hai dous anos en Madrid e no que perderan a final contra Rusia. Desta vez e, a pesar dun inicio irregular neste Europeo 2009 de Polonia, tocou gañar.

Unha selección na que a pesar de contar coas baixas de Carlos Jiménez (xa retirado) e de José Manuel Calderón e Berni Rodríguez que non puideron participar, é un auténtico grupo cheo de xeniais baloncestitas. Os seus doce integrantes neste Europeo foron: Ricky Rubio, Carlos Cabezas, Raúl López, Juan Carlos Navarro, Rudy Fernández, Álex Mumbru, Sergio Llull (debutante), Felipe Reyes, Jorge Garbajosa, Víctor Claver (debutante) e os irmáns Marc e Pau Gasol.

Todo un luxo de selección. Agardemos que os éxitos desta xeneración duren moitos anos e que as que veñan despois aprendan que, a parte de ser bos, hai que ter esta mentalidade gañadora.



UN ARTIGO ESCRITO POR: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica

2 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Deprisa dixo...

Ueeee, por fin ganamos algo más que la Eurocopa :P

Ispain is not so different ;)
Un saludo,
Deprisa

O moucho dixo...

Felicidades a todo o equipo de baloncesto, que nos fixo sufrir ó comenzo do campeonato, pero que rematou con un agradable sabor de boca a todolos aficionados.¡Esto hai que repetilo outra vez!