** Alonso & Ferrari: ...Y fueron felices y comieron perdices
Por fin se confirmou o que era un segredo a voces: Fernando Alonso fichou pola escudería Ferrari. O bicampión español de Fórmula 1 cumpre o seu sono e, en teoría, terá a súa disposición (¿e a de Felipe Massa?) o mellor coche e a escudería máis mítica e afamada da grella de saída. Moita sorte a nivel deportivo para Fernandinho Alonso, que logo dunha sequía de tres anos, xa lle toca facer algo en 2010. E tamén coido que o merece. Encántame como piloto.
Por certo, Fernandinho non é brasileiro, senón español, a pesar de que non declare á Facenda de España senón a doutros países onde ten fixado a súa residencia "oficial"(coido que Suiza)...É o gran PERO que lle poño ó piloto asturiano. Cos 25 millóns de euros que cobrará por tempada (firmará por 3 con opción, pola súa parte, a ampliala ata 5) ata a crise se apaciguaría para a Axencia Tributaria. Senón facede números. Sin dúbida a gran nova sería que, POR FIN, Fernando Alonso declarase os seus ingresos en España. Unha mágoa que os que máis teñen non sexan solidarios e a clase media sexa a que teña que saca-las castañas do fogo ó ser a inmensa maioría. ¿Onde queda o artigo 41.1 da nosa Constitución que di que "todos contribuirán ó sostemento dos gastos públicos dacordo coa súa capacidade económica mediante un sistema tributario xusto inspirado nos principios de igualdade e progresividade"?. Non, os que máis teñen incluso declaran en paraísos fiscais. E logo presumen de españoles e de solidarios...
UN ARTIGO-OPINIÓN FEITO POR: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica
1 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Non sei si será acertado que Fernando vaia para Ferrari, pero claro, todolos pilotos queren estar en ferrari. A sua tecnoloxía e a súa historia no mundo do motor é moi coñecida. E como cando un xogador de futbol aspira a entrar en algun equipo historico como Madrid, Barcelona, Mancheste United, Milan...¿Quen non quere estar cos grandes? Bueno, menos eu que sempre estarei co celtiña. Ridevos si queredes pero eu son fiel ó meu equipo. Moitos dicen: ¡Boh! este é parvo. Pois eu digolles: ¡É o que ahi! e o que non lle guste que lle vote azucar.
Publicar un comentario