** Ten coidado con quen e onde tomas un café
De todos é sabido que hai países, culturas e relixións moi diversas no mundo. Respétoas, pero hai cousas que non. Para mostra a seguinte nova que lía onte lía no gratuíto 20 minutos: "Un profesor universitario recibirá 180 latigazos por tomar un café con una alumna". Coido que é unha aberración, por muita cultura e relixión que sexa. Inxusta e desproporcionada sanción. Por degraza, incluso existen exemplos muito máis violentos e sangrantes ca este.
[ Máis información desta nova en 20 Minutos ]
UN ARTIGO DE: Patri
Administradora axudante de A Lareira Máxica
4 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Teño un recado pra vos Eiquí
Gracias, amigo Toupe por lembrarte de nós!!!!!
Muitas graciñas Toupeiro polas palabras que nos adicas no teu blog. A ALM dálle folgos para continuar e seguir sumando no proxecto que un día empezou o Julio e na que eu teño o gosto de axudar. El, en realidade, foi o que tivo a idea do blog, o seu mentor, pero sen todas e todos nós ALM perdería pluralidade e diversidade, que é o que pretende el. Comentarios e recoñecementos coma o teu, animan a blogueiros coma min e o Julio a continuar esforzándonos en manter activo este blog.
Biquiños
Vaia, alégrome que haxa xente que anima no blog.
Bueno, en realidade, pretendía comentar o artigo e sorprendeume atopar os comentarios tan positivos. Xa ves Julio como merece a pena seguir adiante coa páxina....
Respecto o artigo, sen máis comentar cantas inxusticias nos rodean, hai situacións que non teñen palabras.
Menos mal que no mundo hai outras razóns polas que emocionarse, as veces tan simple como os vosos comentarios positivos, de agradecemento....
Publicar un comentario