sábado, 29 de marzo de 2008

** Cómplices, onde a música se inunda de sentimento

Se hai un grupo musical veterano, galego (ou polo menos o 50%), con boa música pop e de baladas, con moito carisma e cunha espléndida traxectoria, entre outros méritos, este é COMPLICES. Teo Carralda -vigués el- e María Monsonís -madrileña ela pero que se podería dicir que é galega adoptada ó estar casada con Teo-.

Teo Carralda tamén formou parte doutro grupo mítico galego: GOLPES BAJOS,e tamén tocou en solitarios. Incluso hai uns anos voltou a "rescatar" temporalmente a Golpes Bajos para facer versións novas de cancións. Magnífico compositor de cancións Teo Carralda.

De Cómplices poderían citarse multitude de cancións. Unha mostra podería ser: derás mi cómplice, Sonrisa Plateada, Dama del Río, Ángeles Desangelados, Es por ti, La Danza de la ciudad, Los Tejados, Cartas de Fuego (excelente badada de finais dos 80), Ojos Gitanos, Presos en el Tiempo, Está llorando el sol, El marido de la peluquera, Manzanas, Preguntas y Flores, Cuando Duermes ou Hoy necesito. Podería seguir citando bastantes máis. Pero coido que sería xa excesivo. ¿Quen non tarareou nunca algunha das súas cancións?. Queda claro a miña debilidade por este dúo de xenios.

¿A vós gústavos este grupo vigués? ¿Que canción ou cancións son as vosas preferidas deste grupo? A min gústanme moitos pero quizás, se so puidera quedarme con unha escollería Es por ti. Preciosa Balada do ano 89. Pero gústanme do grupo case que todas. Moitos anos de vida a CÓMPLICES!!!!!!!




"Cuando duermes"




UN ARTIGO ELABORADO POR: Julio
Coordinador de A Lareira Máxica

2 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Anónimo dixo...

Coñezo o grupo pero non moito as súas cancións, por suposto que a balada do 89, es por ti, encántame. É coma un clásico.

Anónimo dixo...

Todos os temas que nomeas son magnificos.
Está unha tarde cojonuda pra ollar como chove a traves da fiestra escoitando eses discos.