luns, 24 de marzo de 2008

** Genma Nierga presentará un programa en TVE

Hola a tod@s. Xa había tempo que non me asomaba por A.L.M. Hoxe fágoo para publicar este miniartigo. Aproveito para agradecervos que A Lareira Máxica estea crecendo moito no último mes. Cada día ten máis visitantes segundo comprobamos recentemente Patri e un servidor.

A nova ven da xornalista Genma Nierga que acaba de fichar por TVE para presentar un programa de nenos. É a versión en castelán do popular “No em ratllis!” que emite TV3 e presentado pola xornalista "galega" (ela considérase máis catalana que galega) Julia Otero. Asemade, tanto o programa de TV3 como o de TVE son unha versión do programa inglés "What kids really think?” (Que pensan realmente os nen@s?).

Genma Nierga vai compatibilizar o seu novo programa na televisión co radiofónico de "La Ventana", o cal presenta desde hai 10 anos, que son os anos que, precisamente hai que non traballa na pequena pantalla.

Encántame o bo facer de Genma Nierga, quen me parece unha moi boa xornalista. Por certo, para ela o de traballar con nen@s non será nada novo, xa que "La ventana" hai unha sección semanal no que varios escolares opinan sobre temas de actualidade. Ou sexa, que vai ser aglo así como extrapolar esa sección á TVE e convertila nun programa con autonomía propia. Agardemos que a audiencia responda. O programa, estou seguro, será bo. Diso non teño dúbida ningunha.

#Máis información en Vertele.com #




UN ARTIGO DE: Julio
Coordinador de A Lareira Máxica

4 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Anónimo dixo...

O probleema e que moitas veces non se corresponde a calidade coa audiencia.
Agardemos que teña exito.
Carpe Diem.

Anónimo dixo...

Alégrome deste exito que demostra o incremento de visitas.
Parabens.

Anónimo dixo...

Coincido contigo canto á Nierga e alégrame que fiche por unha televisión pública de audiencia nacional, como xa fixera Buenafuente no seu día. Os talentos, como as ideas, deben espallarse. Saúdos.

Julio Torres dixo...

Tedes ambos razón. Genma é unha gran profesional que merece verse nunha tv a nivel nacional, e tamén no que a audiencia e os seus caprichos...

Ah, gracias Toupe.
Un saúdo
Carpe Diem