venres, 7 de marzo de 2008

** Un vídeo educativo e un anuncio moi bo

A publicidade non sempre é mala. Coido que hai publicidade mala, outra nin boa nin mala e outra boa ou moi boa. O último exemplo de publicidade boa protagonízaa este anuncio. Fala de que os menores de idade siguen o exemplo dos seus pais para todo. Coido que é así. De aí a importancia que adquire a educación dos nosos fill@s. Cada vez son máis os pais que descargan a educacións dos seus vástagos en colexios e institutos. Craso erro. Nos centros fórmase ós alumnos. A educación en sí adquírese na casa. Logo resulta moi fácil culpabilizar sempre ós profesores dos fracasos paternos ou maternos. Uns pais que aínda que poidan estar cos seus fill@s, non o fan e "colócan@s" nas máis diversas actividades co gallo de que pasen o menos tempo posible con eles. Pais e nais que non se cortan en berrar e tirarse os trastos diante dos cativos sen pensar que un nen@, teña a idade que teña, aprender por imitación dos seus pais. E podería seguir, pero por hoxe paro. Niso creo que se basea o anuncio do vídeo. Un 10. Un anuncio tamén moi bo era aquel da campaña da animaación á lectura escolar que dicía algo así como "Se ti les, eles lerán". É certo. Así que fixémonos máis, pais e nais, no que facemos diante e para cos nos@s fill@s xa de pequenos. Logo pode ser tarde e poderemos ter educado a persoas carente de ética, valores, sensibilidade, motivación, respetuosas cos demais, e un longo moi longo etcétera de adxectivos negativos. A educación empeza na casa. A formación é nos centros educativos. E pais/nais deben estar moi en contacto cos profesores. E coordinarse. Por algo son ambas partes as que máis tempo pasan cos menores.



¿ Que vos pareceu o anuncio ? ¿Que cousas che apetece comentar do tema educativo? Agradecemos as túas aportacións. Un blog nútrese e medra gracias ós vosos comentarios.



UN ARTIGO-OPINIÓN DE: Julio
Coordinador de A Lareira Máxica

1 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Anónimo dixo...

Estamos nunha sociedade onde a presa está a orde do día, onde cada vez debido a ese "stress" ( en parte) somos máis cómodos e penso que no camiño, esquecémos o máis importante, a xente que está o noso carón, a familia, os cativos.
Aprendemos moito máis das accións que das palabras. A imitación é un gran medio de aprendizaxe.
Os cativos son o futuro e dos maiores depende a súa educación e formación.
Por suposto, é un bo anuncio, xa que reflexa moi ben unha realidade.