xoves, 27 de marzo de 2008

** CQC pasará a emitirse en La Sexta proximamente

Sen dúbida afirmo que é unha boa nova: CQC PASARÁ A A EMITIRSE EN LA SEXTA. ¿Por que? Pois porque Telecinco viña maltratando reiteradamente a CQC. Primeiro retirándoa no 2002, seica por decisións políticas. Logo voltouna a rescatar uns anos máis tarde, pero a excepción de Arturo Valls, os homes de negro cambiaran todos. E non estaban cargados dese humor fresco e tan intelixente do que facía gala con el Gran Wyoming (presentador actual de "El Intermedio" en la Sexta), Juanjo de la Iglesia (un como xornalista, añora aínda os seus espléndidos cursos de ética periodística), Javi Martín, Pablo Carbonell, Sergio Pazos, Tonino, Mario Pazos (hoxe na sección de Deportes de la Sexta, por certo) e o propio Arturo Valls.

Pero Telecinco non contento con contratar a homes de negro que non encaixaban no perfil de homes de negro, agás Arturo Valls e o galego "Gonzo" e os seus inefables Proteste Ya, vía como os seus reporteiros se ían marchando e chegaban outros aínda peores. Pero o maltrato a CQC agrandouse cando se pasou a emitila case de madrugada. Iso é que a finais de xaneiro decidiu suspender a súa emisión, curiosamente antes da campaña electoral, pois selou a súa defunción na 5..

La Sexta -que para min é unha boa televisión que apostou por programas de humor e polo deporte, amais de series de éxito e informativos- aposta agora por CQC e adquire os seus dereitos. Un gran acerto e un valor seguro que voltará a cotizar a alta. Tempo ó tempo.

So falta saber quen será os seus homes de negro na nova versión. Manel Fuentes, o seu último conductor parece que se quedará en Telecinco porque ten un contrato de longa duración que o ata a esta televisión. Coido que é un bo humorista pero que nunca encaixou en CQC a pesar de que o tentou. Pero a sombra alongada de El Gran Wyoming era implacable. Oxalá sexa éste o seu "novo" presentador. Por estar xa está na Sexta, pero ó mesmo tempo coido que para el poidera ser un paso atrás ó voltar a unha etapa da súa vida que creía pechada. Ou iso pode pensar. Para min sería unha acertada que La Sexta e Wyoming apostaran por este último como presentador.

O seu humor mordaz, sarcástico e moi intelixente ségueo a demostrar con creces en La Sexta, no programa "El Intermedio", a iso das 21:30 horas,media hora despois do informativo da cadea. Un programa que adoita comenzar cunha frase pronunciada polo Wyoming. "Acaban de escuchar las noticias. Ahora les contaremos la verdad" E facer humor intelixente non é tan doado como moitos pensan.

Desde aquí, aínda que seguro que ninguén da Sexta nin ninguén importante me vai escoitar, REIVINDICO UN CQC CON WYOMING E ALGÚN DOS REPORTEIROS DA PRIMEIRA ETAPA.

¿Vos que pensades de CQC e da súa nova etapa? ¿Cal credes que sería o seu presentador ideal?

# Máis información sobre a noticia neste enlace #



UN ARTIGO ELABORADO POR: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica

1 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Anónimo dixo...

Penso que CQC, ó principio, foi un programa innovador e de calidade. Na súa última etapa deixei de velo porque me aburría. Non sei si será boa idea "resucitar" o CQC. Dígoo porque Wyoming encántame en "El Intermedio" e gustaríame que seguira nel. ¿O CQC sen Wyoming? Para min, non é o mesmo. Xa veremos o enfoque que lle dan na Sexta. Creo que o teñen difícil, o formato do CQC xa está bastante "queimado".