luns, 10 de marzo de 2008

** A Eurovisión con sentido do humor. ¿Loitar por puntuar?

Ao final a representante de España en Eurovisión 2008 vai ser Rodolfo Chiquilicuatre. Para min decepción. So había que ver a "Rodolfo" actuando para ver que todo isto lle ven grande e que a broma fóiselles das mans. Gostábame La Casa Azul. Un tema marchoso e cunha simpática posta en escena. O Julio, o noso coordinador, nembargantes dicía que ningunha das cancións debía ir a Eurovisión pero que "para rirse de Eurovisión e do seu politiqueo a mellor canción para enviar sería a do Chiqui Chiqui. Riranse de nós, seguro, pero nós rirémonos da burla que supoñen as votacións políticas dos países membros de Eurovisión enviando unha pseudocanción, e dando a entender que xa nin nos molestamos en mandara un bo representante senón a un calquera porque o tongo eurovisivo é un feito".
En parte non lle falta razón ao Julio, pero para min La Casa Azul e a súa "Revolución Sexual" era un tema moi pegadizo e que podía ter opcións.
Penso que Rodolfo vai ter 0 puntos. O Julio pensa que vai ter máis dun e que vainos sorprender porque hai so uns anos Austria enviou a outro friki que quedou sexto. A el aínda que a nosa canción non lle gusta, pensa que vai quedar algo mellor que nos últimos anos so por ser friki.
Cando menos o Julio deixoume pór o vídeo musical de La Casa neste post e a súa canción no reproductor de Imeen. Grazas Julio.






UN ARTIGO DE: Patri Loureiro
Administradora axudante de A Lareira Máxica

4 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Anónimo dixo...

Sorpréndeme. Non entendo de música, pero pensei que no festival de Eurovisión chegan outro tipo de cancións(posta en escena, orixinalidade pero tamén voz, a letra, tipo de música...), aínda que certo é que ultimamente estame sorpendendo os gañadores.
Non pensei que dita canción nos representase nun festival de eurovisión, é máis pensei que era unha broma cando saia a súa actuación, e máis me chama a atención que fose escollida para a nosa representación en Eurovisión.
Supoño que non entendo nada de música ou hai que actualizarse cos novos tempos. O mellor sorpréndenos.
De todos modos, das cancións que escoitei para eurovisión ningunha era do meu grado´.
Bueno, que teñan sorte.

Anónimo dixo...

Nunca se sabe neste mundo de locos:
Asereje...
Macarena...
La Bomba...
Calquera destes temas deron a volta a o mundo.

Anónimo dixo...

Poida que eu estea un pouco pasado, pero non entendo nada. Este asunto tenme un tanto confuso. Traerá máis cola, seguro. Saúdos.

Anónimo dixo...

Pois a min Rodolfo Chiquilicuatre gústame. É moi orixinal e non deixa indiferente a ninguén. Creo que nun festival tan caduco coma o de Eurovisión un pouco de aire fresco e sentido do humor non están demais. O risco que corre España é que en Europa non se comprenda esta "broma".