sábado, 29 de marzo de 2008

** Don´t forget you... // Non te olvides.....

Mañán será o día con menos horas do ano. 23 horas tan so. Na madrugada do sábado ó domingo adiántase á hora. Ás 2 da mañán serán automaticamente as 3 da mañán. Así, polo morro, sen trucos. Por decreto... Logo o último sábado de octubre faremos o contrario. Seica se fai para aforrar luz. Un ten as súas reservas de que valga para algo.

Particularmente prefiro o novo horario que teremos a partir da mañán ¿por qué? pois porque así faise de noite máis tarde. Agora non é de noite ata preto das 20:00 horas. Co novo horario ata preto das 21:00 non se fará de noite. O malo do cambio: o primeiro día que durmiremos unha hora menos.

Pola súa banda cando en octubre retrasemos o reloj unha hora, gustarame so porque durmieremos, ou disfrutaremos, dunha hora máis. Non obstante, o horario de inverno non me gusta nada. Xa de por sí os días son pequenos de máis sobre todo en novembro, decembro e xaneiro como para restarlle unha hora ó día e ver que no Nadal é de noite ás 18:00. E iso que Galicia é a zona de Europa que máis horas de luz solar ten por aquilo de estar situada máis ó oeste que ningúen sen ter unha hora menos no huso horario como é o caso de Portugal ou as Illas Canarias.

¿Que vos parece o do cambio horario?



UN ARTIGO ELABORADO POR: Julio
Coordinador de A Lareira Máxica

3 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Anónimo dixo...

Este horario encántame porque tarda máis en ser de noite, hai máis día para disfrutar. Normalmente co cambio horario cambia o tempo, máis calor, aínda que este ano non foi así.
O paisaxe ten outras cor,as flores, os páxaros......
Parece que todo ten máis cor e a xente está máis leda.
A única pega o de non durmir o primeiro día, je.

Anónimo dixo...

Menudo rollo el de cambiar las horas, ahora y en octubre. Que nos dejen en paz de una vez que total no ahorran. Mucho cuento tienen

Anónimo dixo...

Eu non sei das ventaxas a longo prazo do cambio este, pero o que é a curto prazo, a min séntame como unha patada en certo sitio. Non sei se será exactamente o cambio, a primavera ou o que, pero estou que non podo coa alma. E non son a única. No meu lugar de traballo o que máis e a que menos se queixa do mesmo. Por algo será.