** Bloguzz elabora rankings fraudulentos e non obxectivos
O Julio i eu queremos denunciar a maneira fraudulenta que ten de facer os seus ranking Bloguzz. A Lareira Máxica deuse de alta en xaneiro,cáseque co nacemento de Bloguzz. Fumos crecendo no ranking. Ata hoxe levamos 24 días publicando ininteurrumpidamente dúas entradas por día. As visitas ó blog creceron moitísimo. Nembargantes, hoxe no ranking de blogs baixamos moitísimo. Por exemplo no apartado de blogs en galego descendemos do posto 48 dó 99 dun total de 202 blogs. O mesmo noutras clasificacións. No xeral baixamos do posto 15508 ó 22841 nun so día. Xa cheiraba a podre, desde hai unha semana. Estabamos ancorados na mesma puntuación sen entendelo porque os datos obxectivos de tódolos contadores de visitas de ALM apuntaban un notable crecemento. Este domingo baixamos de 11937 a 9205 puntos. E non mudamos o noso proceder nestes últimos 24 días. Xa houbo un día en febreiro que, de xeito inexplicable, a nosa posición mudou nun día e caeu en picado sen causa xustificada. Todos nos equivocamos, pero tanto xa é raro.
Agora, volta a pasar. É chama sobremaniera a atención xa que nesta tempada non deixemos de publicar nin de gañar visitantes. Entón ¿por que criterios se move Blogzz? Para máis vergoña dese portal, hai blogs que levan sen actualizar desde hai meses e están situados ó mesmo nivel que ALM ou incluso máis arriba. Unha paradoxa que da que pensar dos intereses ocultos de Bloguzz. Unha decepción. Está claro que non hai criterios independentes e obxectivos. Máis ben existen criterios de inserción de publicidade e outros que oscuros que descoñecemos. Ou iso ou comenten excesivos erros. Oxalá fose isto último.
Polo tanto, desde agora deixamos de crer oficialmente neste tipo de pseudoclasificacións. A nós danos case igual, coidabamos que era unha clasificación independente e unha boa forma de medir o éxito dun blog, pero estabamos enganados. E avisamos ós demais blogueiros. As clasificacións de Bloguzz non son en nada fiables.
Para unha información detalladam, os nosos datos son istos
0 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Publicar un comentario