luns, 31 de marzo de 2008

** De fóra virán.....

Manda truco. Parece mentira que un xornal galego teña que recorrer a un colaborador estranxeiro. Non será porque na Galicia sobran políticos ou xente cualificada en moitos ámbitos coma para ter que acudir fóra a "fichar" a George w. Bush. Non sei se é unha decisión acertada a de fichalo. De márketing máis ben. O medio que tivo tan boa ocorrencia foi Xornal.com. Incluso poñen foto del para despistados. Respeto a decisión deste xornal dixital pero para nada a comparto, sobor de todo porque, por riba, é un medio de comunicación galego. O mesmo pensaría se en vez de ser político tivese calquera outra profesión. Non é un tema político o obxecto do artigo. O que quero subliñar é que teñamos que saír fóra, en vez de fixarnos somentes na terriña.




Unha opinión de: Patricia Loureiro
Administradora axudante de A Lareira Máxica

0 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :