domingo, 3 de setembro de 2006

** We´re the basket´s champions


Somos campións!!!. Gañamos o Mundial de baloncesto. Unha fazaña histórica. Na final deste Mundial os xogadores entrenados por Pepu Hernández vapulearon 70 a 47 a Grecia. E todo sen a súa gran estrela: PAU GASOL, quen vibrou desde o banquillo logo de lesionarse nas semifinais contra Arxentina.
O que acadaron hoxe posiblemente tarde moitos anos en repetirse. O que sí sei e que este elenco de 12 baloncestistas vai ser moi díficil que se volte a dar. Quédense cos seus nomes: Pau Gasol, Jorge Garbajosa, José Manuel Calderón, Juan Carlos Navarro, Carlos Jiménez, Sergio Rodríguez, Carlos Cabezas, Berni Rodríguez, Felipe Reyes,Rudy Fernández,Álex Munbrú e Marc Gasol. Unha ducia case irrepetible.


Pasaban uns minutos das 14:30 horas da tarde en España cando a selección española vencía a Grecia. Os nosos saíron convencidos de que podían vencer, incluso sen Gasol. Estaban mnoi motivados. Gañar o ouro motivábaos de por si. E se a iso se lle unía o querer adicarlle o triunfo a Pau Gasol, o seu compañeiro lesionado.
O mesmo Gasol cansouse de repetir que para gañar a final os seus compañeiros e amigos tiñan que crerse gañadores, saber que podía logralos, con esforzo iso sí.

A defensa de España foi excelente. Conseguiuse que os gregos so anotasen 23 puntos ó descanso (ó que se chegara cun 23-43 favorable a España) e so 47 ó remate do encontro. Unha férrea defensa. Xa é complicado de por si que un equipo anote menos de 50 puntos, pero cando temos enfronte á actual campiona de Europa, que dous días antes conseguira gañarlle ós EE.UU. meténdolle 101 puntos pois......

Ó remate do partido e durante as celebración houbo de todo, incluso o disfraz dos xogadores españoles de kamikaces. E é que, no bo sentido da palabra, son uns kamikaces do baloncesto. Acabaron con tódolos seus rivais. Ninguén foi quen de gañarlles. Os que máis cerca estiveron foron os arxentinos, ós que lles gañaron por so un punto. O resto de 10 puntos ou máis de diferencia.

A aquel equipo das Olimpiadas de Los Ángeles 1984, en Estados Unidos, composto por xogadores míticos como Epi, Solozábal, De la Cruz, Corbalán, Romay, Fernando Martín, Andrés Jiménez, Margall, Iturriaga, Fernando Arcega, José Luis Llorente e Beirán,adestrados polo tamén mítico ANTONIO DÍAZ MIGUEL hai que sumarlle a partir de hoxe ó seguinte plantel, campión do Mundo de Baloncesto 2006:



ADESTRADOR: José Vicente Hernández (data de nacemento: 11/02/1958)



BASES:
Carlos Eduardo Cabezas Jurado (14/11/1980)

José Manuel Calderón (28/09/1981)

Sergio Rodríguez Gómez (12/06/1986)


ESCOLTAS:

Rodolfo "Rudy" Fernández Farrés (04/04/1985)

Juan Carlos Navarro Feijoo (13/06/1980)


ALEROS
Carlos Jiménez Sánchez (10/02/1976)

Alex Mumbrú Murcia (12/06/1979)

Bernardo "Berni" Rodríguez Arias (07/06/1980)


PÍVOT
Pau Gasol (06/07/1980)

Jorge Garbajosa Chaparro (19/12/1977)

Felipe Reyes Cabanas (16/03/1980)

Marc Gasol (29/01/1985)


Se vos fixástedes, ningún ten máis de 30 anos, superando so os 26 anos so 3 dos 12 xogadores. Casi ná....

A ver se toman notas os da selección española de fútbol, os eternas promesas. A outras grandes promesas non lles fixo falta máis ca uns poucos anos para alzarse co cetro mundial do Basket.

Noraboa, gracias por facernos disfrutar tanto e moitos máis éxitos para o futuro, porque os vosos éxitos serán os nosos.

Carpe Diem

0 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :