luns, 4 de setembro de 2006

** Empresas mal ubicadas e contaminación

Definitivamente, ós galegos mirounos un torto.No 2002 foi o chapatote do "Prestige". Nos últimos anos os lumes intencionados (este verán máis ca nunca e levados adiante de forma planificada). Sen non era suficiente, agora temos un vertido no Río Umia. ¿A causa?: o incendio da fábrica que unha empresa alemana: Brenntag ten en Caldas. Por mor deste incendio os seus productos vertéronse no Río Umia, quedando afectada gran parte da Comarca do Salnés, sobre todo.
É intolerable a instalación de fábricas contaminantes nas marxes dos ríos e menos sen tomar as medidas de seguridade axeitadas. Nunca pasa nada ata que pasa... Como todo. Que triste é ...


Parece mentira, nunha sociedade tan moderna como a nosa que pasen estas cousas máis propias de países pobres que non saben planificar a ubicación das empresas que entrañan perigosidade para a saúde.


Non sei cantos anos hai que leva instalada Brenntag en Caldas, preto do río Umia. Considero que este tipo de empresas non debían de deixarse instalar tan preto da natureza e, se se instala, facer cando menos controles periódicos moi rigurosos sobre o seu funcionamento e sobre as medidas de seguridade en particular.

O dano xa está causado. Un río contaminados e moitos peixes e outras especies mortas. Nadie se acorda das consecuencias dun desastre como estes ata que pasa. Como todo. Que siginifican as palabras PREVENCIÓN PLANIFICACION SEGURIDADE PROTOCOLO INSPECCIÓN....


Chove sobre mollado neste tipo de cousas. Amais outro tipo de empresas como son as pirotécnicas tamén provocaron diversos accidentes nos últimos tempos, véndose afectadas as casas situadas a escasa distancia destas pirotecnias. Tampouco estas empresas se deberían poder instalar preto das casas.

Xa non falo dos casos de trens vellos ou de avións militares, como o Yakolev, prehistóricos. A xente seguira morrendo. Faranse promesas de melloras (sendo optimistas), e ningúen se acordara de novo ata que haxa unha nova traxedia e morran persoas. Logo haberá máis promesas. Non se fará nada. E ata outra traxedia e volta a empezar.

¿Quen autorizou a instalación de tantas empresas sen importarlle os riscos que a súa ubicación podía conlevar? ¿Por que non se é moi riguroso nas súas imspeccións periódicas (¿fanse?). Os políticos creo que pensan cos bolsillos máis que coas cabezas....

E a ver se cesan tanto desastre natural en Galicia. Éche boa verdade: a can fraco todos son pulgas.

Carpe Diem

0 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :