martes, 26 de setembro de 2006

** Menudo morro teñen as operadoras de ADSL!!!


Está visto que lle teñen que meter caña e moitas ás operadoras de teléfono e internet. WANADOO (JUARRADU SON UNS IMPRESENTABLES E UNS TIMADORES). Nada, que me decido e me cambio á TELEFONICA. Máis cara, pero con aparente mellor servicio. Pois o de o barato sale caro haberá que engadirlle que o caro, caro é.
Escuetamente cóntovos a odisea que pasei desde o pasado xoves 21 de setembro. Logo do paso do "Gordon" o teléfono de casa facía moito ruido e a liña adsl conectábase e desconectábase cada poucos minutos. Pensei que o arranxarian de seguido. Erro.Espero ó venres. Como a cousa seguía igual chamo ó 1002.Tómanme nota e dinme que nun prazo máximo de 24 horas solucionaran o problema...SEGUIDE LENDO QUE TEN MOITA MIGA...

A cousa é que o sábado 23 pola mañán me chaman de TELEFÓNICA. Concretamente dun teléfono de Lugo. Dinme que pasarán a arranxar a línea de 4 a 6 desa mesma tarde. como dicía Sabina.. Chamo ás 7 da tarde en vista de que non viñan. Dinme que virán no prazo de 48 horas e non de 24 horas...¡??? "..y nos dieron las 10, las 11, las 12, la y las 2..." e a única que asomou foi a noite e a lúa, acompañada das estrelas.



Un novo dia naceu, e con el máis do mesmo, por desgracia. Chamo ó mediodía (pola mañán non porque seguro que traballaron a destaxo durante toda a noite para solucionarme o problema e non e momento de despertalo.....)varias veces. Na última dinme que xa estaba solucinada a "incidencia técnica". Para pasmarse!!!. E todo seguía igual....(So meu deu 1 hora de respiro e tregua na que todo voltaba á normalidade. Logo, zas!!! todo mal). Abren unha nova incidencia, sen estar realmente resolta a anterios. Internet aparecía e desaparecía cual Guadiana xogando ó escondite. E cando se conectaba facía a 150 de velocidade unhas veces, outras a 280, ou a 750 ou 460....pero sempre por 5 minutos maximo...

Chamei ó 1002, ó 1004 e dinme que é culpa do meu teléfono¿?. Sexamos serios señores. Non funciona nin o ADSL nin o teléfono e teñen rosetas distintas...O problema é a línea que é algo común ós dous. Logo de moito falar e de soportar que non me colleran o teléfono ou me cortaran cando non sabían que dicirme, rematou outro día, con promesas de arranxo "inmediato". O luns máis do mesmo. Pola noite chamo e dinme que nesta ocasión farán unha reclamación urxente...¿?¿?? caray, pois logo de 5 días xa lles vale...(((E que antes non o era???, cando sexa para cobrar seguro que o será...).

A odisea parece que rematou hoxe pola tarde (toco madeira) na que todo funciona como antes do paso do "Gordon" o día 21. Veu un técnico logo de 6 días....¿Que pasou?. Pois que o huracán ou temporal afectoulle á "acometida do poste de teléfono onde vai conectada a miña línea telefónica.....

Menos mal que TELEFONICA TEN O ADSL MAIS caaaaaaaaaaaaaaaaro.....Se o chega ter barato tería que esperar ¿2 meses?. VER PARA CRE AMIG@S.

Carpe Diem.

2 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Anónimo dixo...

pois si, que razon tes, a min pasame de vez en cando. supostamente teño tarifa plana 24 h (??????). Supostamente. Pero, sen ir mais lonxe o sabado estiven todo o dia sen poder conectarme, o adsl funcionaba perfectamente, pero queria entrar en internet o non tiña acceso...... E se fose so unha vez, pasa, pero xa non sei se e da liña, se do colapso.... non sei. O certo e que para cobrar andan finos, e nunca dos nuncas te aboaran os dias que non tiveches coneion pola sua culpa, tamen podian miralo dese o punto de vista do cliente, que esta pagando un servizo que non pode usar, pero o que ten....
O caso e que non hai compañia de que ofreza servizos de internet na que todo funcione sempore as mil maravillas. Se por B ou Por V, algunha vez sempre te deixan colgado.......

Julio Torres dixo...

Certamente, que razón tés. Estes días creo que se aproba a nova lei que regulará mais o temas das operadoras. Ougallá valga para algo e non sexa papel mollado