** Fraudes, timos e enganos musicais
Había tempo que non voltara a escoitar o seu nome: MILLI VANILLI. Onte, lendo un artigo sobre música e grupos musicais, alí estaba a súa foto. Eran eles. Non cabía dúbida algunhas. Moit@s de vos recordaredes quen eran. Para os que non o sepades direivos que os MILLI VANILLI era un suposto dúo musical que se fixo famosos alá polos finais da década dos 80 principios da dos 90. Pero como se colle antes a un mentireiro que a un coxo, axiña se descubriu todo o engano: este dúo de cantante nin cantaba nin tocaba ningún instrumento...
Non eran eles, senón que o que eran outros os que cantaban e tocaban. Eles facían playback de voz e de instrumentos. Descubriuse todo nun concerto que deron en Canadá (creo) a finais de 1990, logo de obter un Grammy uns meses antes. Menudo fraude!!!. Unha mágoa porque tiña un par de cancións que estaban ben.
Os verdadeiros cantantes, os que si cantaban en realidade, tiveron en 1991 unha oportunidade. O grupo chamouse "The Real Milli Vanilli". Non triunfaron. Foron o se coñece no argot literario como "negros", aplicado desta vez ó eido da música. ¿Por que? porque foron os que cantaban e corrían con todo o traballo das cancións do Milli Vanilli falsos (de nome Rob e Fabrice Morvan e Rob Pilatus) para que os méritos os levasen estes últimos.
Rob e Fab, como se facían chamar, sacaron un novo disco, cos seus nomes verdadeiros e non como Milli Vanilli. Cantaron desta vez eles pero o fracaso foi total. En 1998 Rob Pilatus faleceu víctima dunha sobredose. O outro quitou un novo disco no 2003 pero sen apenas éxito.
De tódolos xeitos, hoxendía tamén hai moit@s millys vanillys, quizás non 100% pero si 50% do espíritu milli vanilli. Refírome unha gran parte dos cantantes que se adican a interpretar cancións. Graban os discos coa súa voz, pero logo nas actuacións en directo ou en diferido (case sempre ás de espacios pechados) fan play back das súas propias cancións. Sí, neste caso, e a diferencia dos MILLI VANILLI, son cancións cantadas por eles. Non obstante, cando as interepretan para un programa de televisión (por pór un exemplo) quen canta son eles pero no disco, porque o que é nese momento so se adican á mover os beizos en riguroso playback en directo ou grabado.
Un dos "escándalos" máis famosos témolo na famosa CHENOA, que nunha actuación nunha discoteca hai uns anos caeulle o micrófono ó chan pero segúiase escoitando a canción como se nada a pesar de que ela xa non tiña ningún micro nas mans ou no corpo. Logo creo que recoñeceu que fora playback pero porque tiña a gorxa mal ese día....
Fixádevos, a inmensa maioría dos cantantes e grupos musicais utiliza o playback. Senón parádevos a pensar como é que raios soan tan ben nun programa para televísión e logo nun concerto ó aire libre non parecen nin eles.
Xa sei que ó aire libre o son non é o mesmo, pero unha cousa é que haxa diferencias e outra ben distinta que desafinen tanto tanto tanto. O que acontece é que cando actúan para un programa de televisión o que soa é o disco de fondo. Por iso parece que estivera soando o mesmo disco, o que en realidade é o que acontece. De aí, o interés dos propios artistas por pegar o máis posible os micros ós beizos....
Particularmente, sufrir un playback é un fraude....e logo os mesmos que fan playback critican o "fraude" das descargas das súas cancións de internet..... Mirade CANTANTES, se ides cantar en playback avísádeo antes de mercar as entradas ou presenciar a vosa actuación. E nunca MELLOR DITO O DE ACTUACIÓN. Se non o facedes estades enganado á xente, e se ésta pagou unha entrada para vervos, o engano convértese en timo ou estafa.
¿E quen dixo que os MILLI VANILLI Udesapareceran? O seu espíritu pervive no corpo doutros....
Carpe Diem
0 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Publicar un comentario