sábado, 2 de setembro de 2006

** Mundial de basket fabuloso


Mañán pola tarde saberemos que selección gaña o Mundial de baloncesto que se está disputando en Xapón. Unha final inédita: ESPAÑA- GRECIA. As dúas selección fixeron méritos máis que sobrados para acadar tan merecido premio como é esta final. España apeou, in extremis, a Arxentina. Pola contra, Grecia eliminou na mesma ronda á "superpoderosa" EE.UU. Vai ser complicado impoñerse á selección helena, sobre todo logo de coñecer a baixa definitiva de Pau Gasol para o partido por unha lesión nun pé.


Aínda sen Gasol, España merece unha victoria. Unha selección de ensoño, invicta ata hoxe, que conseguiu excelentes resultados cuns magníficos xogadores, moitos dos cales xogarán a vindeira tempada na NBA.

España, rebautizada, como a ÑBA (polo de tantos españoles naquela liga), conseguiu chegar máis lonxe que os seus compañeiros da selección de fútbol (aquela "eterna promesa" que nunca pasa de cuartos.....



Dóeme que Pau Gasol, o gran líder do combinado español, non poida disputar a final. Merecíao, pero hai que gañar con él. Vai ser moito máis complicado, pero non imposible, e senón que llo digan á propia Grecia que eliminou, contra pronóstico, a EE.UU. (finalmente medalla de bronce).

Considero que a calidade técnica dos xogadores españoles, hai que sumarlle o carácter que Pau Gasol lle supo infundir ós seus compañeiros. Un carácter gañador, outrora descoñecido. So a selección española que acadou a medalla de plata en 1984 nas Olimpiadas de "Los Ángeles". Daquela unha EE.UU. moito máis potente que a actual privaranos da medalla de ouro. Non había color entre os dous combinados....

Os Epi, Corbalán, Villacampa, Iturriaga, Fernando Martín, Fernando Romay, Fernando Arcega, Margall, etc. foron segundos nas Olimpiadas. Tamén hai que ter en conta que naquela olimpiada non participara a extinta U.R.S.S. hoxe xermen de outras selecciós como Rusia ou Lituania, moito menos potentes que a España de hoxendía.

Se ben xogamos aquela mítica final na Olimpiada, nunca o fixemos nun Mundial. O noso mellor resultado foi un 4º posto hai máis de 20 anos... Nunhas horas temos a oportunidade de facer MOITA MÁIS HISTORIA e proclamarnos CAMPIÓNS DO MUNDO...casí ná....

Desde aquí tódolos meus mellores desexos ós xogadores da selección española de basket. A ver se lle gañamos a Grecia. E agardo que Pau se recupere pronto.



So me resta dicir que a ver se aprende a selección española de fútbol da de baloncesto, pero penso que salvo que haixa varios Paus Gasoles tan bos en técnica, como en cualides e espíritu gañador, vamos dados....

Carpe Diem.

0 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :