mércores, 6 de setembro de 2006

** Un lobo con pés de cordeiro


Así é unha secta. Onte vin nunha cadea privada de televisión (de vez en cando poñen algo que vale a pena) unha reportaxe no que se abordaba o tema das sectas. Unha reporteira camuflada introduciuse nas sectas da "Iglesia da Ciencioloxía" e na secta dos "Raelinos". Antes de nada, a miña felicitación á valentía, atrevemento, paciencia e manexo da investigación por parte da reporteira. Parece mentira que hoxendía moit@s incaut@s sigan caendo nas redes destas sectas, que se aproveitan da personalidade débil e influenciable da xente. Convén lembrar que o lucro económico (e algo ou moito de tolería) é o que move a todas estas sectas.

A reportaxe xa se emitira polo mesmo canal hai un ou dous anos, pero daquela non o vira completo. Principiaba a investigación coa famosa "Iglesia da Ciencioloxía" apadriñada polo actor estadounidense Tom Cruise (na foto da esquerda aparece en plena conferencia). (...)

A reporteira acercouse pola sede en Madrid desta secta. En seguida se acercou unha persoa que lle dou un papel no que se lle ofertaba un test de personalidade gratuido. A reporteira aceptou. Logo de cubrir o test dixéronlle que tiña problemas de comunicación (eles non sabían naquel momento que era xornalista, queda claro). Ofertáronlle diferentes cursos para facer e superar os seus problemas de comunicación, etc., etc.

Os cursos valían 100 euros creo cada un....No que se viu consistía en contar ventanas, tocalas, mirar fixamente para unha nena duns 9 anos, estar sentada cos ollos pechados durante varias horas, e un sinfín de estupideces. Do que se trataba era de anular a vontade da persoa que aceptaba facer o curso, para facela sumisa á secta.


Na investigación tamén se constataba o emprego en precario que lle ofertaban ós que desexaban traballar nesa secta: No caso da periodista 25 horas semanales sen límite de horario, previa firma dun contrato!!!. Asemade, constataba o emprego de menores na secta, como por exemplo o da nena duns 9 anos que exercía de instructora dunha parte do curso (aquel de estar mirándose fixamente coa reporteira).

Logo de ter material suficiente acabaron por descubrir á xornalista porque lle pasaron un detector de mentiras. Expulsárona. Daba igual porque tiña todo o material necesario para a elaboración da reportaxe.

Quero insistir en que o gran reclamo desta secta é o actor Tom Cruise... Non me estraña en que a Paramound o despedira hai so uns días. Parece ser que non so xogou na súa contra a baixada de ingresos polas películas protagonizadas polo actor, senón a súa pertenza a esta secta.


A segunda reportaxe do programa tiña por obxecto reflectir o funcionamento interno da secta dos raelinaos, fundada por un piloto francés de coches que se retirou logo de que tivese un encontro cuns marcianos e lle deran un mensaxe....Palabra que non vos estou contanto un conto, so o que Rael dicía na t.v.


Desta vez a "nosa" reporteira meteuse nesta secta. Cómpre dicir neste punto que se moven inxentes cantidades de cartos en forma de "donativos" e que promove o amor libre entre os seus membros. Dado que a reporteira parece ser que era guapa, en seguida despertou a admiración de Rael, o seu líder. Ó fin da reportaxe nomeouna representante máxima dos raelinos en España.....Un posto que, como moi ben dicía o relator da reportaxe, quedaría vacante logo da emisión da investigación pola t.v.

As orxías e o amor libre eran unha constante nas reunións dos seus membros. A xoven reporteira zafouse poñendo mil e unha excusas. Neste apartado so dicir que o líder da secta, Rael, rodeábase dunhas mulleres a que el denominaba "os ánxeles" que, aínda que non o quixeran, tiñan que acceder ás pretensións sexuais de Rael cando éste o considerase oportuno.....Parece a época romana....

Nas dúas reportaxes entrevistáronse a persoas que sufriran, ben en primeira persoa ou ben porque coñecían a amigos que se deixaran seducir por elas, todo as mentiras ue pregonaban as dúas sectas en cuestión. O desencanto máis profundo, o noxo e a equiovocación grave que tiveran era o denominador común destas dúas persoas entrevistadas.


Nada máis, estas foron unhas pinceladas deste espléndido reportaxe de investigación que destapa, unha vez máis, o negocio das sectas a costa de persoas, que primeiro son captadas prometéndolles mil cousas e pouco a pouco vannas desplumándoas economicamente (cando menos) para logo cando xa lle chuparon tódolos cartos posibles, deixalas tiradas.

As lagunas da lexislación permiten as atrocidades destas sectas. Deberíase rematar con todo isto, porue está en xogo a saúde e a vida das persoas e das súas familias. Pero claro, como o das sectas non poñen en perigo ós dereitos de autor e os benefíocs económicos dalgúns, pois non corre présa.... Isto pode sonar duro, pero é así. E senón ¿por que non se elminan as lagunas xurídicas para acabar coas sectas dunha vez por todas?

Precaución amig@s.

Carpe Diem

0 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :