domingo, 17 de setembro de 2006

** Hai vida en Sanxenxo despois do verán.....

O verán remata. Dentro duns días principiará o outono. Sempre me fago un lío non sei se o 21, o 23 ou o día que digan os profesionais do tempo. É igual. O mal tempo precipitou uns días antes o final da temporada estival. O noso concello xa empezou a notar desde que empezou setembro a fin das malditas aglomeracións e das colas para todo e en tódolos sitios. É o que odio do verán en Sanxenxo. Os que non coñecedes Sanxenxo fora do verán, non sabedes que ben se está en meses como os de maio, xuño e setembro!!!. Este verán volvín a disfrutar da compaña de amig@s que facía un ano ou máis que non vía. (...)

Dá gusto ver ós amig@s que fai tempo que non vés e que son grandes amigos. Un denominador común en varios casos: a distancia, esa lousa amarga. Algúsn viven fora de Galicia. Aínda así, tiven a oportunidade de ir visitalos en algunha que outra ocasión a pesar de estar lonxe. Barcelona, Oviedo, Lugo e Ourense son algúns dos sitios onde viven xente á que aprecio moito e da que un se sinte orgulloso de telos como amig@s.

O verán é tempo de descanso e de ocio, e iso fai que haxa quen aproveite estas datas para voltar a Galicia. Outras veces un acontecemento festivo fai que vell@s amigos se volten a reunir, case cada ano. Uns e outros xa sabedes a quen me refiro en cada caso. O importante é iso, non perder o contacto, aínda que pasen meses sen verse fisicamente. De tódolos xeitos, as novas tecnoloxías teñen entre os seus aspectos positivos o romper con esa losa que supón a distancia, acortala e facela case insignificante.


...E Sanxenxo volta a respirar, agora hai máis "aire" para os "nativos", logo de os visitantes e turistas vidos de diferentes puntos da península ibérica se marchen. Non é quen non me gusten, simplemente que non me gusta que se concentren nunha pequena vila tanta xente. Según os medios de comunicación, Sanxenxo pasa a ter escasos 17.000 habitantes durante o ano, a máis de 100.000 no verán. As cifras falan por si soas. O peor é as CANTIDADES INXENTES DE PERSOAS QUE SE CONVOCAN EN SANXENXO NO VERÁN. Polo demais, non me molesta que nos veñan visitar e que teñan unha envidia sana das boas praias que temos (a pesar de que algunhas estean mal acondicionadas incluso con bandeira azul).

O dito, xa se pode circular pola estrada sen atascos, xa se pode paser por Silgar con espacio suficiente, xa podes entrar no "súper" e non desesperar no intento de pagar......

Logo, chegará xullo do 2007 e todo voltará a comenzar....ata setembro de 2007 que rematará...E así un ano tras outro. Como sempre....

Carpe Diem, e saúdos especiais para tódol@s amig@s cos que tiven a sorte de reencontarme este verán.

0 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :