** " El 7 de septiembre es ....
"...nuestro aniversario". Non, non é mo meu aniversario (o meu é pasado mañán, o día 9). Estas letras corresponden a célebre canción "El 7 de Septiembre" do desaparecido grupo musical español Mecano. Hoxe, aproveitando a coincidencia de que é, precisamente, o 7 de setembro, gustaríame lembrar un pouquiño a este trío musical composto por Ana Torroja e os irmáns Jose María e Nacho Cano.
Para min Mecano foi o mellor grupo español de tódolos tempos. Logo duns anos da súa separación, pódese dicir que individualmente non triunfaron ou, polo menos, non tanto como cabía agardar. E é que un grupo é máis que unha suma de individualidades. E o de Mecano pode ser un bo exemplo desta afirmación.
Ana Torroja sacou varios discos, que non tiveron o éxito dos de Mecano. Algún incluso pasou con máis pena que gloria, para a miña decepción. Pola súa parte, Nacho tamén fixo varios discos, nos que el compoñía as cancións pero éstas interpretábanas diferentes voces femininas escollidas por el. O seu irmán, Jose, tirou polo mundo do teatro e da ópera.
Mecano forma parte da historia, a pesar de que de vez en cando se oen cantos de sirena dicindo que van voltar (por certo, que tamén se di que as relación entre os tres están bastante deterioradas, aínda que ultimamente houbo un pequeno acercamento). A este respecto, por un lado gustaríame e por outro non. A xustificación desta desexo ambivalente é simple: se volven que sexa porque os tres o desexan porque queren cantar xuntos e están motivados para que todo sexa similar á como era antes da súa separación. Sen embargo, se a motivación é puramente económica, mellor deixalo como están e que non regrese Mecano, porque o seu regreso é probable que estivese abocado ó fracaso. O importante é o que desexen facer por riba de aspiracións puramente económicas.
Sexa como fose, o que está claro é que as cancións do grupo deben formar parte de calquera colección musical que se precie. De entre os diferentes álbums que quitaron, quédome con "Descanso Dominical", do ano 1988, plagados de cadanseu éxito. Entre o gran repertorio de cancións de Mecano poderíamos citar moitas, moitísimas. Vaian aquí uns simples exemplos:
La fuerza del destino, Mujer contra Mujer, Los amantes, No hay marcha en Nueva York, El cine, Laika, El blues del esclavo, Eugenio Salvador Dalí, Un año más (a que di: en la Puerta del Sol con las uvas y el pan...), Naturaleza Muerta, Una rosa es una rosa, Hoy no me puedo levantar, Los héroes de la Antártida ou Ay Dalay!.
Case sen darme de conta citei bastantes cancións....O curios é que podería seguir. Nisto está a diferencia entre un grupo e un excelente grupo musical. Un excelente grupo musical ten varias canción boas por disco, namentres que outros so teñen dúas, ó sumo tres por disco.
Desde aquí GRACIAS a Mecano por deleitarnos coas súas cancións durante tantos anos. Unhas cancións que eran canción comprometidas. Dos seus títulos e letras podíanse entresacar moitos temas sociais, algús moi comprometidos como o da esclavitude, o lesbianismo, a natureza, a carreira espacial (o de cadela Laika que enviaron como coello de indias ó espacio), a sociedade americana, as enfermidades, etc.
Para un servidor, cada 7 de setembro tráeme á memoria este xenial e fabuloso grupo que foi Mecano e, en concreto, este tema musical. Carpe Diem.
1 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Mecano fOREvER!!!!!
Publicar un comentario