** Que viene, que viene!!!!!
Non,non me estou referindo o famoso estribillo que se tararea para animar. Non. Tampouco falo do outrora famoso “COCO”, o famoso “COCO”, de que “aí ven o coco”. Non. Tampouco alude a frase á que nos vai pillar un avión kamikaze que asoma polo horizonte cual cabalo indómito e desbocado. Non, tampouco!!! Ese minigrito indefinido e abstracto ten que ver co ceo. Sí. Pero non coa flota aérea. Polo menos físicamente.
¿De que falo entón? Refírome á chegada do temporal que nos visitará nas vindeiras horas e bautizado cual neno como “Gordon”, que virá forte, pero menos que nos USA que foi huracán. Nunca tanto desexei que as súas “eminencias” do tempo se trabucaran como hoxe, porque se acertaan... (CONTINÚA LENDO O ARTIGO QUE TEN O SEU AQUÉL)
Na década dos 80 visitáranos “Hortensia”. Non era familiar nosa, nin veciña, nin coñecida sequera ata que chegou e arrasou. Non é que ligara precisamente, pero si que se arrimou en execeso á Galicia, en forma de temporal, que é o que era. Desde aquela non lembro que houbese un temporal tan grande como o que agora nos vaticinan… O “Hortensia” levará por diante moitas árbores e demais. Non houbo que lamentar, creo, mortes, pero si que deixou pegada.
Agora uns 20 anos despois visítanos ó seu irmán ¿maior? Gordon, que leva nome de persoaxe de debuxos animados. De pequeño soía ver “Flash Gordon” onde un superhéroe animado facía o ben…… Creo que voaba. Non estou seguro diso. Tamén era habitual nos cómics...
Ven en forma de malvado huracán vido a menos, que leva por nome “Gordon”, e gordo din que vai ser: ventos de ata 120 km/hora (máis do que servidor nunca lle pisou ó seu coche) e alerta vermella. Vamos como un cabalo desbocado que asomará polo horizonte e difícil de domar, unha fiera savaxe cabreada que non parará de incordiar mentras se teña en pé....
Oxalá se equivoquen os metereólogos e que “Gordon” so quede nun flash de pouca intensidade e que dure pouco, moi pouco. Esperanzas?? Home, máis dunha vez se equivocan ó dar o tempo ou as súas verdadeiras consecuencias. ¿Por qué non desta vez non se poden voltar trabucar?.
O tempo, nunca mellor dito, dará e quitará razóns ós “señores do tempo”, namentres farei acopio de toda a paciencia necesaria, especialmente cando pola máñan teña que irme a traballar. A carretera non sei como estará, pero previsiblemente mal, moi mal, se acertan claro.
Mañán destas horas xa terá pasado o noso ilustre visitante, que non sei porqué sempre lle poñen nomes de homes ou mulleres os furacáns e temporais. ¿Por qué? Logo calquera lle pon Hortensia a súa filla ou Gordon (bueno eu este non llo poría, senón pobre rapaz no cole…), porque sería sinónimo de huracán. A criatura quedarái estigmatizada para sempre. Todos o lembrarían polo huracán ou temporal pasado….
Agardo que os tituladores de huracáns e temporais non se lembren do meu nome…..
Despídome. Se mañán non escribo nada, botádalle a culpa a “Gordon”, porque vainos levar por dientes a todos….
Carpe Diem (se che deixa “Gordon”, claro)
Que viene, que viene!!!!!
0 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Publicar un comentario