domingo, 20 de setembro de 2009

** Andrés Montes abandona "La Sexta"

No trancurso da retransmisión da final do Campionato de Europa de Baloncesto, o xornalista de La Sexta Andrés Montes, anunciou que ésta sería a súa retransmisión nesta canle, sen aclarar nin porqué se vai de La Sexta nin a onde se irá.

Montes chegara á cadea en 2006, poucos meses despois do nacemento de La Sexta, e foi o encargado de retransmitir os partidos da Liga de Fútbol Española dos sábados, así como os encontros da selección española de baloncesto. Anteriormente traballara, entre outros medios de comunicación, na desaparecida Antena 3 Radio ou en Canal + (en ambos casos na sección deportiva do baloncesto).

Fíxose moi peculiar polo seu peculiar xeito de retransmitir os partidos de fútbol ou baloncesto, nos unificaba a súa narración co show. Desta maneira acuñou en 2006 o famoso termo do "tiki taka" -para referirse ó bo fútbol- ou os alcumes a moitos deportistas tales como Puyol ("Tiburón"), Iniesta ("Sweet Iniesta), Xavi ("Humphrey Bogart"), Pau Gasol ("E.T."), Felipe Reyes ("Espartaco"), Kiko ("Capitán"), Turkoglu ("La Magia Turca"), ou ó mítico xogador do Estudiantes dos anos 80 David Russel ("Eléctrico"), entre unha moi longa lista.

A pesar de que, ás veces, se fai un pouco pesado repetindo chistes ou xogos de palabras fáciles, encántame. É un crack. Agardo que o vexamos novamente noutro medio de comunicación. ¿Tal vez se irá de novo a Canal +, antes de empezar a nova tempada da NBA? Non sei porqué teño ese presentimento, pero podo equivocarme.



UN ARTIGO-OPINIÓN ESCRITO POR: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica

4 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Anónimo dixo...

Ogallá que volte á NBA+.

O moucho dixo...

Ao igual que moita xente, creo que nunca debeu pasar a retransmitir un partido de futbol. A súa imaxe quedou tocada. Dende logo sempre recordaremos o seu "futbol con patatas, ratatatatata, ect...". En certa maneira deixou a súa pegada.

Julio Torres dixo...

Si, Andrés Montes foi, é será un home de baloncesto. Un auténtico animador e un gentleman coa súa inconfudible.

Ah, que é "futbol con FATATAS,Salinas". E é que "la vida puede ser maravillosa".

Saúdos Máxicos, amigo Moucho. Gracias polo comentario.

Anónimo dixo...

Morreu Andrés Montes venres 16 de outubro do 2009, que descnase en paz.