lunes, 3 de diciembre de 2007

** 30.000 gracias ós que visitan ALM

Hoxe ó entrar neste blog o contador xusto marcaba 30.000 visitas. 30.000 GRACIAS POR VISITAR O BLOG. Hai un ano este blog estaba bastante preto das 10.000 visitas. A cifra acadouse en pleno Nadal. Hoxe, algo menos dun ano, ten o triple, 30.000 (desde o 30 de maio de 2006,data na que se puxo o contador principal, aínda que o blog empezou a funcionar so unhas semanas antes, concretamente un 1 de maio). E 30.000 visitas a pesar do parón do blog rexistrado durante os meses de agosto e setembro de 2007,datas nas que non se actualizou.

O éxito de A Lareira Máxica débese a vós, ós que estades aí e colaborades ou simplemente visitades a páxina. A TOD@S GRACIAS. Oxalá que esta páxina dure moitos anos e que cada día máis xente se anime a colaborar nela. Sempre digo o mesmo: unhas cantas palabras valen para colaborar en forma de comentario. Ou dun artigo pequeno (de calquera tema menos de política, porque para iso hai outros blogs que se adican ou tocan este tema e que, por certo, o fan moi ben).

OBSERVACIÓN: Como sempre, para ver a imaxe máis grande, so tedes que premer sobre ela.

3 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

María dijo...

As miñas felicitacións para A Lareira, Julio, Patri e todos os lectores.
Ai que ver o pulo que está tendo o blog nos últimos tempos. Que siga así por moito tempo.

Toupeiro dijo...

Alegrome moito. E pensar que o primeiro dia que chejen a este blog estaba de baixón, eu pensei " non pode ser, este blog e moi bo, non pode desaparecer".
Noraboa

Julio Torres dijo...

Gracias Toupeiro. Persoas coma ti fan posible que, pese a todo, nos animemos a continuar con esta aventura. Xa que escribir sen que ninguén nos lea pois desanima.
Moitas gracias amigo polos folgos e por estar sempre aí.