** Unha moi triste sintonía de despedida....
Tiña pensado adicar o artigo lembranza desta semana cun fondo alegre, pero a actualidade manda. Hoxe, navegando por Internet e facendo a miña visita diaria polos enlaces que teño no blog, entre eles o do espléndido blog de Nacho Mirás --> Rabudo ou noutros moitos medios, entre eles éste, fanse eco da triste e luctuosa noticia da morte de Karel Svoboda. Dito así seguro que non vos soa. Pero si que vos soará unha das súas composicións musicais: a sintonía da serie de debuxos animados "La abeja Maya", ó parecer por un suicidios. Terrible noticia. Se clickades nos anteriores enlaces poderedes ter máis información so suceso.
Polo que a min respecta, e a modo de lembranza que mellor que a sintonía da serie coa cal a maioría de nós disfrutamos de pequenos (ainda que foi reposta con varias veces con posterioridade) e que hoxendía incluso se pode comparar en calquera centro comercial toda empaquetada e na que estánn tódolos capítulos.... Ésas si eran debuxos animados didácticos e non como outros de hoxendía......Porque a palabra "pasado" non necesariamente leva aparellada o significado de caduco, desfasado, ou calquera outra cononotación negativa...
2 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Polo que vexo ningúen viu esta serie. Caray, ¿serei un bicho raro? Xa me diredes cales viades.....
A min encantábame, foi unha das miñas series de debuxos animados preferida. Esta serie era preciosa. Non sei en que ano a emitirían por primeira vez na TVE, pero eu era moi pequena. Recordo que, sendo cativa, me berraban porque non lle tiña ningún medo ás abellas de verdade. No verán andaban polas flores do xardín e eu sempre quería achegarme a elas. Cando me dicían que picaban moito parecíame mentira, ¡a abella Maya non picaba a ninguén! Bendita inocencia, qué días máis felices.
Publicar un comentario