** As promesas están para cumprilas...¡Voltamos!
Hola de novo a todos e todas. Como vedes, as promesas están para ser cumpridas -tomen nota os políticos-. E A Lareira Máxica está de novo convosco e volta a actualizarse, logo de case unha semana paradas por cuestións relacionadas coa informática. Voltamos coas alforxas cheas e algún proxecto novo, pero tempo ó tempo....
Quixera agradecervos a paciencia que tivéstedes estes días de ausencia. Gracias pola fidelidade. Cónstame que tiven visitas vosas, aínda a pesares de non actualizar a páxina. E cónstame que hai novos adictos á este blog. Gracias a tod@s!!!!
Como vedes, mudou un pouco a disposicións dos elementos da páxina. Os traductores xuntos na marxe esquerda, o logo e o icono da A Lareira Máxica únese na cabeceira, onde pasan os contadores de visitas totales e online (agás un por razóns de espacio e aproveitamente do espacio). Ademais xa hai 112 enlaces ou links na sidebar ou columna lateral.
O primeiro artigo vai ser o "QUE RABIA DA CANDO....!!!" que, excepcionalmente e tendo en conta o parón, recollerá hoxe tres. Proceden de A Coruña (ou de La Coruña -non se me enfade nadie eh!!). En total enviáronme 5, pero dous publiqueinos en forma de comentarios (os dous últimos, por certo, obra de Mª José e Bego) xa que eran algo máis curtos. Os outros tres ven a luz hoxe. Agardo que haxa algún que outro comentario. Pero vós mesm@s.
Un saúdo para estas coruñesas!!!!!!
0 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Publicar un comentario