** Desde agora daremos máis PARA FALAR.....
Estes días recibín algúns emails pedindo que revelara este "gran" misterio. "¿Que é iso de que A Lareira Máxica vai dar que ou para falar, Julio?". Como tento cumprir sempre o que prometo, pois hoxe este misterio chega a Porto. Non sei se a bo porto ou non. Agardo que vos guste.
É unha novidade, ou mellor dito: vou rescatar algo que no seu momento, alá polos meses de maio e xuño -pouco despois do alumbramento deste portal- formou parte do contido de A Lareira Máxica (A.L.M.). ¿Que é? Pois xa non vou facer agardar máis....Dicir que o fin é fomentar unha maior interactividade das persoas que participan ou poidan participar nun futuro en A.L.M. Trátase ...--->Ve-lo Artigo completo....
dun CHAT.
Non é un gran chat, nin moito menos, pero menos da unha pedra. Un par de consellos: non actualicedes ou recarguedes a páxina cando o esteades usando porque senón pode resultar unha molestia para vós que se volte a cargar o chat tamén, e, ó mesmo tempo, aconséllovos que en vez de deixar o nome por defecto que se vos asignara: "gabber nº" lle deades a opción de cambiar nome e poñades un nome ou un seudónimo. E se por calquera cousa tedes que acceder de nome a páxina e queredes participar no chat, voltade a pórlle de novo o voso nome. Bueno, coa práctica xa iredes descubrindo isto. É moi fácil, á para que moi sinxelo, demasiado pobre, iso si, pero menos é nada.
¿En que parte da páxina estará situado? Pois ó final da sidebar ou columna lateral?. E as novidades non paran aí. Seguiremmos dando que falar...Vai haber outra novidade máis, pero iso dentro duns días. Estou traballando niso e informareivos proximamente... Por suposto, acepto de bo agrado calquera recomendación ou suxerencia que axude a mellorar o blog.
Un saúdo, e Carpe Diem (e noctem)
O administrador
0 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Publicar un comentario