** Un neno DE MOITO PESO....
¿A onde imos chegar a este paso? A noticia foi hoxe a comidilla de tódolos medios de comunicación: un neno de 8 anos de idade inglés que pesa 89 kilos, nada máis e nada menos. No seu país prantexouse incluso retirarlle a custodia á nai do menor porque o neno non coida a súa alimentación. Cada día a comida basura gaña terreo en detrimento da alimentación sana.... ¿Que será do neno dentro de 20 anos? ¿A onde imos chegar a este paso?¿Que opinades? ¿De que é a culpa? ¿Que se debería facer neste caso concreto?
2 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
¡Pobre rapaz! O de retirarlle a custodia a nai paréceme unha medida excesiva, hai que educala e ensinarlle bos hábitos alimenticios. O chaval vaino pasar fatal, non debeu ver unha verdura no plato xamais. En fin, o estado debe intervir e axudar a esta familia, o mesmo que se debería facer si o neno en vez de obeso estivera famélico ou abandonado.
Creo que para ter fillos, habería que estar ben preparados e senón é preferible non telos. Pode que sexa duro o que digo, pero, os adultos as veces, somos tan inconscientes, pregúntome ¿qué culpa ten un neno para sufrir xa dende que nacen case?.
Tes razón Marian, quizá, polo mesmo neno, é un pouco inxusto quitarlle a súa nai, pero ¿qué pensaba esa nai?. Non podía pedir axuda a tempo, os médicos, educadores, familia....
Xa sei, todos somos humáns, e nos equivocamos, cometemos errós, é normal, é necesario para poder crecer coma persoas. O máis importante e intentar o que esté nas nosas mans para mellorar unha situación.
Sei, que non somos quen de xuzgar, pero, as veces resulta difícil. Quizá a nai e o pai viven unha situación peculiar....Pero, non podemos xustificar todo.
Pregúntome, se intentamos educar ou preferimos ser cómodos e non pensar nas consecuencias.
Creo que moitas veces buscamos tanto a comodidade, que non buscamos mellorar e olvidamos as consecuencias.
Pobre neno, non ten culpa de nada, e ten que sufrir unha consecuencia dos adultos. Qué inxusta é a vida.
Por suposto, estou dacordo contigo Mariam, o que agora se pode facer e ensinar os pais como deben alimentar o seu fillo e educar o neno tamén.
Publicar un comentario