** Outono de sensacións
Gústame o outono, moito. Eu tamén teño gañas de outono Os colores do outono non teñen rival. O outono, que para moita xente é unha estación triste e melancólica, regálanos unhas imaxes dunha beleza extraordinaria, soamente comparable coa beleza da primavera.
Alégrame a chegada do outono, é tempo de comezar actividades, tempo de estrear zapatos e xerseis. Isto ten que ser unha reminiscencia da miña época de estudante, que foi longa, moi longa. Xa se sabe, somos dunha xeración “moi preparada”. É máis, sempre hai cousas novas que aprender.
O que máis me gusta do outono é dar un paseo pola tarde e pisar as follas secas ó meu paso. O sol, nesta estación, é manso e agradécese, nada que ver co sol castigador do verán. Se chove non importa, pódese quedar na casa e disfrutar dunha conversa a carón dun té ou dun café ben quentiños. Sempre hai unha película por descubrir ou un libro por terminar. A chuvia peta no cristal da ventá, da igual, hoxe non hai que saír. So me falta unha lareira de verdade, menos mal que alguén tivo a idea de crear esta lareira virtual. Quentar, o que se di quentar, quenta pouco; pero máxica, o que se di máxica, si que é. Ten a maxia de todos os sonos que se forxaron á beira do lume nunha noite de inverno.
O ciclo da natureza repítese outra vez máis, as árbores despréndense da súa vestimenta para facerlle fronte o inverno espidos. Na próxima primavera, alá polo mes de marzo, han de florecer e volveremos a deleitarnos coa sinxela beleza dunha póla cuberta de floriñas. As mimosas son as máis adiantadas e xa florecen antes, en febreiro. Seino ben, ei de pasar un mes tusindo pola culpa do seu polen.
UN RELATO ESCRITO POR: Alvariño
Colaborador habitual de A Lareira Máxica
6 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Bueno, como xa vos dicía o outro día no meu artigo a min o Outono non me gusta. Aínda que sí quixera matizar que o outro día dixen que se tivera que eliminar unha estación sería a do Outono. Bueno, tanto como iso non. Por eliminar eliminaría o inverno polo frío que fai. Máis ben diría que o outono e tras o inverno a estación que menos me gusta. O que non me gusta son os días tan pequenos. Son dos que prefieres o sol antes que sexa de noite ás 6.
A estación que máis o verán, seguida da Primavera. Estas dúas encántanme: bo tempo, etc.etc.
Canto as cousas que escribes, pois está claro que temos que quedarnos coas cousas boas de cada estación: as castañas, etc. pois sí que están ben boas.
Saúdos Máxicos, Alvariño
Carpe Diem
Bonita visión do outono. A min tamen me gusta o outono. Non hai tanta calor.Coincido contigo en moitos gustos sobre este tema. Ata parece que o texto que escribiches produce a calor dunha lareira na casa, rodeados dos teus familiares a punto de zamparse un prato de cocido.
Pois eu gostaria de que si o fose. Por certo eu tamen gosto do outono, pero desta vez resistese a chegar de pleno. SAúdos
El otoño está rodeado de bellas sensaciones
Alvariño, a min tamén me gusta moito o outono. O teu relato tamén, que conste. ¡Saúdos!
Pois sigo sendo o mesmo do ano pasado. Polo menos, sígueme gustando estrear zapatos e xerseis por esta época. Debe de ser unha especie de manía, un tic que me quedou da época de estudiante. Este ano boteílle o ollo a uns Panama Jack. Son un pouco caros, certo. Pero como atenuante direi que levo moitos meses de moderación consumista e que me tentan poderosamente.
A ver, son caros pero supoño que me durarán máis dun inverno. Ten que ser así, corren tempos difíciles e non me gustaría tirar os cartos. Xa verei, teño que ir a probalos para acabar de convencerme.
Como agravante, confeso que teño dous pares de zapatos de inverno sen estrear e que quizais non sexa unha compra imprescindible. Vale, aceptóo,non é unha compra imprescindible pero e que teñen unha pinta de ser comodísimos. Bueno, xa vos manterei informados sobre o que decideu a miña conciencia. ¿Quén gañara? O sentido común ou Alvariño Marcos, o primo galego da mismísima Imelda.
Publicar un comentario