** A memoria fotográfica: o tempo todo o cambia (e 3)
Noraboa a Mariña que acertou a resposta. Sí, efectivamente, é a Praia de Silgar en Sanxenxo. A foto que vedes na parte arriba na parte dereita é a terceira foto desta saga: a Praia de Silgar nos anos 40. A foto está tomada da outra parte da praia, a diferencia das dúas primeiras. Na segunda víase ó fondo Bueu, o faro de Sanxenxo e Igrexa de Sanxenxo, pobo ó que moitos lle chaman "Sangenjo", cando Sanxenxo é o nome do santo que lle da nome ó concello: San Xenxo. En castelán diríase Ginés, non "Genjo", como o traducen moita xente de fóra.
Esta terceira foto de Silgar nos anos 40 tamén a quitei de internet e, o igual que as outras dúas, descoñezo o seu autor. A de abaixo á dereita é de autoría propia. Quiteina na primavera do ano pasado. Entre unha e outra pasaron uns 60 anos...Esta claro que antes Sanxenxo era un pobo. Hoxe, cambiou demasiado. Desapareceron as árbores da foto de arriba (en realidade despareceron case todos nos últimos 10 anos).No propio paseo de Silgar xa son todo edificios...Antes Sanxenxo era unha vila tranquila no verán, hoxe parece que nos meses de Julio e Agosto se celebra o día de Fin de Ano ou o primeiro día de Rebaixas...E esta multitude de xente, quítalle o encanto a este concello costeiro neses dous meses, encanto que recupera o resto do ano, cando deixa de estar invadido de persoas.
3 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Que sorte tendes os que vivides nun sitio tan fermoso todo o ano. Vale, no verán será un pouco agobiante pero os restantes 10 meses podedes disfrutar plenamente da vosa vila. Confeso que sinto un pouco de envexa, sana, por suposto. ¡Saúdos para todos!
Home, a min Sanxenxo non me parece tan fermoso pero....Fantásticas fotos meu. Saúdos e apertas
A min encántame o pobo en calquera época do ano. Pero no verán é unha marea demasiado inmensa de xente. Debía de estar repartida en todo o ano e non concentrada en apenas dous meses.
Con iso non quero dicir que Sanxenxo sexa o non vai máis. Non. Vilagarcía, Cambados, Poio ou O Grove tamén teñen lugares moi bonitos. Galicia é moi bonita toda ela, chea de contrastes. Ten de todo: monte e mar, cidades, pobos, etc. Non entendo cómo non sabemos apreciala na súa xusta medida. Moitos dos lugares ou países que se soen visitar non lle teñan nada que envidiar a Galicia.
Gracias An polos comentarios. Un saúdo para terras arousanas.
Por certo, An é nome de muller ou de home??
Saúdos Máxicos
Carpe Diem
Publicar un comentario