** Que rabia da cando....!!! MALETAS & TASAS
Q ue rabia da cando hoxe nos enteramos que Iberia estudia a posibilidade de cobrarnos por facturar as nosas maletas, como xa están facendo as compañías de baixo custe. No caso de Iberia as tasas variarán entre 15 e 100 euros.
A organización de consumidores FACUA xa anunciou que vai xudicializar este tema se finalmente a compañía aérea cumpre coa súa intención, ó igual que xa fixeron coas de baixo custe. FACUA advirte que consideran que o seu cobro sería ilegal segundo a Lei de Navegación do ano 60.
Por suposto, non estou dacordo con esta facturación extra de Iberia ou doutras compañías e penso: se de todos é sabido que Iberia e outras compañías aéreas nos perden bastantes -ou moitas- veces a equipaxe facturada, ¿deixarán de perdela co cobro desta tasa por facturar a nosa equipaxe? Dame que non...Por tanto, non cabe outra que preguntarse: ¿imos empezar a pagar para que nos sigan perdendo a equipaxe? Nada, burros e, a partir de agora,MÁIS que apaleados...¡¡¡QUE RABIA DA!!!
MÁIS INFORMACIÓN NESTES LINKS:
--> Iberia, a compañía europea que máis maletas extraviou no pasado inverno
--> FACUA
UN ARTIGO-OPINIÓN FEITO POR: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica
2 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Tes toda a razón Julio, por enrriba de burros agora van a apalearnos.
Eu teño que viaxar, polo menos unha vez o mes, en avión por motivos de traballo ata agora nunca tiven que facturar, voume arreglando con unha maletiña de man pero estes son capaces ata de cobrar por estas.
E vergonzoso, os vos saen sempre tarde, costan un paston da igual en temporada alta que baixa e agora a cobrar polas maletas ¿se as perden,, crees que nos devolveran o importe pagado? Eu no no creo.
Biquiños meigos.
PD Que malo é o meu galego, jajaja
Qué barbaridade, cada día invéntase unha nova maneira de explotar un chisco máís ós consumidores.
Publicar un comentario