** Juan Pedro Valentín, do Canal 24 horas a Cuatro / CNN+
O espigado xornalista Juan Pedro Valentín acaba de ser fichado por Sogecable para convertirse no director de informativos de Cuatro e CNN+. Valentín ten unha longa traxectoria no mundo da prensa, radio e televisión (pasando por tódalas televisións de ámbito estatal e disintos xornais e radios, e por medios de diferentes ideoloxías), como podedes ler aquí. Entre outros destaco o seu paso por Telecinco, onde presentou telediarios e onde chegou a ser xefe de informativos -secundado por Vicente Vallés- cando Telecinco se volcara coa información sobre o desastre do Prestige ou a Guerra de Irak. Máis tarde, a cadea "pseudoitaliana" decidiu prescindir del coa disculpa da pouca audiencia do seu informativo, logo de facerlle voltar a ser presentador (cargo que compatibilizaría do de director de informativos). Moitos din que os seus xefes tentaron queimalo, antes de botalo. Quizais lle quixeron pasar factura por algo...Quizais querían darlle outro rumbo á política informativa da cadea... Finalmente, a principios de 2006 foi despedido de Telecinco. Tras colaborar noutros medios, no 2007 Mediapro contrátao para ser o director xeral do xornal Público. Un ano despois convértese no director do canal 24 horas (de TVE), cargo que -outro ano despois- deixa para irse a Cuatro e CNN+ e convertirse no seu director de informativos(lembrar que CNN+ é o competidor español de Canal 24 horas).
Gústame o bo facer de Juan Pedro Valentín. En especial gustoume a súa forma de afrontar o Prestige e a Guerra de Irak, acontecementos que soubo retransmitir desde un punto de vista máis cercano e que merezou os eloxios da audiencia. Indo máis alá de onde ían os outros medios, especialmente no caso do Prestige. En Irak, tivo a mala sorte de vivir o sinsentido da morte do cámara galego de Telecinco José Couso, sendo el director de informativos. A súa reacción foi exemplar e condenou de maneira enérxica ese atentado humano.
Deséxolle moita sorte na súa nova andaiana a Juan Pedro Valentín que teño a impresión que é un bo xornalista e persoa. Transmíteme rigurosidade e bo facer. Por certo: ¿levará con el a Vicente Vallés, xornalista co que xa traballou en Telecinco e Canal 24 horas?. Forman unha boa parella profesional envidiable.
UN ARTIGO-OPINIÓN FEITO POR: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica
0 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Publicar un comentario