venres, 16 de outubro de 2009

** A carta de axuste: aquel invento...

Agora non é como hai 20 anos. Hoxe hai moitas televisións e ningunha pecha. Iso si,todas botan man dos "teleconcursos-timo". Antes, so había unha televisións: TVE (coa primeira e coa segunda cadea) e desde 1985 a TVG. Todas pechaban de madrugada e despedíanse coa programación do vindeiro día, seguida do himno español (TVE) ou galego (TVG) e a carta de axuste (ver vídeos de abaixo).Incluso nos primeiros anos das televisións privadas había carta de axuste. E ata principios dos anos 80 poñíase a carta de axuste ó mediodía. ¡Cómo cambian os tempos!. Aínda que para ver certos programas das televisións actuais case mellor prefería a carta de axuste...



1 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

migramundo dixo...

O que pasa é que agora os televexos non precisan de imaxes fixas para axustar nada. As imaxes son dixitais, cuasi perfectas. Con todo, coido que tes razón canto a que son preferibles as cartas de axustes a moitos productos chamados "programas". Saúdos.