luns, 21 de abril de 2008

** Xornalismo Deportivo: ¿Tratamento obxectivo?

¿Por que a portada dun diario deportivo ten que ser necesariamente de fútbol, salvo contadas ocasións? ¿Por que outro deporte, calquera, especialmente cando hai éxitos deportivos, non pode acaparar toda unha imaxe de portada? ¿Por que os medios de comunicación se centran sempre no fútbol? Un servidor faise estas e outras preguntas. Creo que axudaremos a crecer a outros deportes que non son o fútbol cando o fútbol non teña patente de corso polo feito de ser o fútbol. Dirán moitos compañeiros de profesións que iso é o que vende. Non digo que non. Pero non me chega esa explicación. Hai que ser osado, atrevido, apostar polos restantes deportes e non explotar ata a saciedade noticias do fútbol onde case non hai nada e, "ás veces", incluso se opta pola mala práctica de conceder veracidade a un rumor para mañán desmentilo cando non hai nada que dicir. Mal polo xornalista de turno que fai esas prácticas e mal polo seu xefe. É unha abosluta desconsideración para outros deportes chámese baloncesto, balonmano, tenis, etc.etc.

E vou máis alá, ata hai pouco, nas televisións abríase sempre co Rei Fútbol, ¿por que?. E digo ata hai pouco, porque cando menos CUATRO, rompe este esteretipo e dalle, incluso, a volta á tortilla.

O tratamento informativo dos deportes empezará a cambiar cando calquera deporte poida ser motivo de apertura. E non so por éxitos deportivos estilo Fernando Alonso en F-1 ou Rafa Nadal no tenis (e, ás veces, nin con ésas consiguen ser motivo de apertura...).

E vou remantando, indo un pouco máis alá todavía. ¿Por que hai que empezar co Madrid ou co Barça? Sí, xa sei: porque son os que máis seguidores teñen. E a min qué. ¿Os demais son menos? O día que calquera equipo poida ser motivo de apertura no apartado do fútbol, ese día algo terá cambiado. De igual forma, bótase en falta unha descentralización deportiva, que non estea focalizada en Barcelona e, sobre todo, Madrid. Por certo, fíxádevos: en moitos canales dá igual en que posición vaia o Madrid, que hai que empezar por el. Non existe criterio obxectivo. Ou si: que os medios de comunicación se atopan, case sempre, ubicados en Madrid.

O día que se rompan estereotipos deportivos, o día que haxa un gran periódico nacional deportivo que trate por igual a calquera deporte, e que -e iso xa sería o summun- incluso non estea ubicado en Madrid ou Barcelona, ese día poida que sexa un gran día para o mundo do deporte. Outro tanto para a radio e a televisión. Menos mal que parece que algo empeza a cambiar (vale a pena facer click no enlace anterior). Oxalá todos tomen exemplo e rompan moldes, que xa vai sendo hora...

¿E vos que opinades de todo isto? Sí. xa sei que o do xornalismo obxectivo é pura teoría, pero non estaría de máis tentar non ser tan subxectivo.... Animádevos a comentar sobre o tema.


P.D.: O que escribe estas liñas é, aínda que poida parecer o contrario, gran seguidor do mundo do fútbol e aficionado do F.C.Barcelona (amais de tódolos galegos)



UN ARTIGO REALIZADO POR: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica

** Sinales de tráfico para abrir ben os ollos.....



O seguinte slide de fotos de sinais de tráfico está extraído do blog ToupeiraToupeiro , do xenial Toupeiro, unha páxina chea de anécdotas e de moito humor. Visita recomendada da súa bitácora. Non, perdoade, iso sería pouco. Visita MOI RECOMENDADA. E isto non é broma.

Nesta sociedade tan estresante, agradécense blogs que nos fan rir con anécdotas da vida mesma. ToupeiraToupeiro é un estupendo blog para levar adiante o famoso dito -sobre o que, por certo, escribín un dos primeiros posts en A Lareira Máxica- e que non me canso de repetir: "5 minutos de risa, equivalen a 45 de exercicio físico". Pode que eses 5 minutos non equivalgan a tanto, pero son moi relaxantes e os músculos ¿carrizos? (das fazulas) exercítanse moito e un séntese maravillosamente ben. Sobran cousas tristes nesta vida como para non disfrutar daquelas agradables.

E nesta entrada do blog de Toupeiro, poderedes contestar a unhas preguntas que se fai el, e que servidor tamén as suscribe. E en ALM pregúntovos: ¿Que opinades destas sinales "un tanto especiais"?

E lembra a túa dose diaria de 5 minutos de gargalladas....¡¡¡Que son gratis!!!


P.D.: O blog de Toupeiro non ten desagradables efectos secundarios como as medicinas. Así que aproveitade e visitádeo a miúdo. As vosas gargalladas incrementaranse en pouco tempo. Garantizado. E 100% natural e sen custe algún.



SLIDE DE FOTOS PUBLICADAS NO BLOG DE: Toupeiro
Colaborador de A Lareira Máxica

** A Frase Máxica de....Richard Bach: A vida


"Non o dubides, ti eres o principal protagonista da túa propia vida"



Richard Bach

domingo, 20 de abril de 2008

** Barrio Sésamo quédase sen panadeiro: Morreu Chema

Onte navegando por internet déuseme por poñer na búsqueda en Google "Barrio Sésamo". Como saberedes os que adoitades seguir o blog desde os seus inicios, xa en novembro do 2006 escribía unha triloxía de artigos para lembrar aquel mítico e enriquecedor programa infantil doa 80. Xunto coa "Bola de Cristal", un dos mellores que houbo na televisión en España. Ambos na década dos 80. Ambos en TVE. ¿Por que hoxe non hai programas co mesmo espíritu?

Pois ben, a búsqueda deparoume unha moi tiste e luctuosa nova : CHEMA, o cantarín e bailarín panadeiro de Barrio Sésamo, personaxe interpretado por Juan Ramón Sánchez Guinot, morreu o pasado 10 de abril, víctima dun cancro, ós 51 anos.

Logo buscando por Youtube atopei novos vídeos de Barrio Sésamo e outros dunha gala celebrada no 2006 e no que estiveron presentes Espinete (personaxe que interpretaba Chelo Vivares, que na vida real estaba casada con Juan Ramón), Don Pimpón e Ana (quen por certo, se conserva moi ben). Serviume para retroceder no tempo e sentirme cativo de novo. Parecía que voltaba a ter menos anos e que as cancións de Barrio Sésamo entraban de novo na miña casa. Acabados os vídeos, enseguida me decatei que agora hai máis televisións que a TVE ou a TVG, as únicas que había daquela, pero o nivel da programación infantil é moito máis baixo, por incrible que poida parecer.

A nova da morte de Chema é, sen dúbida, unha moi triste nova para os que, de cativos, nos divertiamos tanto cos personaxes daquel barrio. O seguinte vídeo vai adicado ó noso Chema. Descansa en paz e MOITAS GRACIAS por facernos rir e entreternos ós que agora temos uns 30 anos ou máis (os de menos idade é máis complicado que o lembren). Alá arriba seguro que serás un bo mestre de teatro, profesión a que adicastes a túa vida ata hai pouco tempo. Ademais contaxiarás a túa alegría cos teus improvisados e animados bailes, aderezados ¿por que non? con algunha das cancións infantiles de Barrio Sésamo. Alí arriba, tamén te atoparás con bastantes nen@s que foron o teu público a mediados dos 80 e que te vían na televisión cada día namentres comían o seu bocadillo e antes de facer os deberes ou de ir xogar. Eles poderán seguir disfrutando do teu saber facer. Chema, sempre os que daquela eramos nen@s sempre gardaremos un moi bo recordo de ti. Para nós sempre estarás vivo nos nosos corazóns.

Despídome hoxe cun sabor amargo e melancólico, lembrando que non somos nadie. Hoxe estamos vivos, pero mañán, ou pasado, podemos estar soterrados, por desgracia. E como homenaxe a Chema vai o seguinte vídeo:




En A Lareira Máxica tamén falamos de Barrio Sésamo o 12 de novembro e o 20 de novembro de 2006. Clicka nestes dous enlaces para ter máis información



UN ARTIGO REALIZADO POR: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica