Da man do soliloquio de Segismundo, afirmaba Calderón de la Barca que “toda la vida es sueño,y los sueños, sueños son”. Xa se sabe que nesta vida todo é relativo. Os soños son un bo exemplo. Uns son utópicos e so posibles na imaxinación. Outros non, éses pódense acadar. Con máis ou menos esforzo, por suposto. Conquerir o traballo ansiado, a moza ou mozo desexad@, realizar esa anhelada longa viaxe por alén das fronteiras,... O refraneiro popular tráenos excelsa esperanza ó sentenciar que “quien la sigue, la consigue”. Claro que para ligarse a Elsa Pataki, a Diana Palazón ou a Sara Carbonero hai serios impedimentos polo camiño, pero todo, todo pode ser. Non é utópico, se acaso platónico, que din...
Céntrome. Falaba dos soños e das súa posibilidades de facerse realidade. De entrada hainos que son posibles e outros que son case imposibles. Unha perogrullada o que estou a dicir, xa sei, pero convén lembrala. A insistencia tamén conta: que aquel home ou muller che dera calabazas nun primeiro intento non significa que o volte a facer de novo. A vida da moitas voltas. O que hoxe é azul, mañán pode trocar ó verde e pasado máñán converterse en vermello sen que sopre moito vento. De forma paseniña pero certeira e segura, sen levantar apenas sospeitas. E é que non hai que dar nada por irrealizable. Co traballo, coas viaxes e con outros moitos aspiracións ou ilusións pasaría algo semellante. Insistencia e tesón, querido lector, insistencia e tesón. Loitar polo que cobizamos e co traxe do esforzo e a paciencia por tarxeta de presentación.. Ésa, ésa é a clave. Ademáis tamén é mester engadir que “el/la que no arriesga, no gana”. Confirmado.
O mundo dos soños é profundo e vericueto. Son realistas unhas veces, surrealistas ou abstractos outras. O outro día alguén a quen aprecio moitísmo díxome: “soñei que eras presentador dun informativo na televisión e levabas traxe e garabata” A miña sorpresa foi total e sentinme halagado. Non tanto por ese soño en sí, senón por vir de quen viña. Nunca traballei nunha televisión (sí nunha radio), pero ¿quen sabe?: todo pode ser, nunca pecho portas. Todo é posible, repito. Aínda que, de escoller, quédome coa radio...
En 1995 nunha viaxe que fixemos un grupo de amig@s a Tenerife, atopámonos cun estrano e enigmático home que se atreveu a dicir o qué íamos ser ó cabo duns anos. Logo de pechar brevemente os ollos e suxeitarnos pola man, a min díxome que ía ser profesor. Pensaredes que se equivocou, que non dixo nin traballador social nin xornalista. Pois non. Aquel home acertou: impartín clases e cursos en bastantes ocasións. ¿Casualidade ou acerto?. Ollo, tamén acertou cos outros amig@s. O que nós pensamos que somentes eran soños dun home misterioso, terminou cumpríndose. Non errou....
Os soños sempre significan algo ou iso manifestan moitos entendid@s: ilusións, medos, preocupacións, desexos, atraccións, rexeitamentos, lembranzas…Sempre hai quen nos tenta convencer do porqué deses soños e do seu significado directo ou indirecto. Non ten porqué significar o seu sentido literal, pero pode ser presaxio de algo relacionado co que nel acontece e que hai que saber ler entre liñas. Penso que así pode ser, a pesares dos surrealistas e carentes de aparente sentido.. Un mundo misterioso e complexo o dos soños...Se me escoita Iker Jiménez...
Certo é que os soños, soños son, pero iso non quere dicir que non se vaian cumprir ou que non presaxien cousas e cambios. Doutra parte, os soños pódennos permitir vivir experiencias que na realidade serían impensables. Conteñen altas doses de liberdade e imaxinación emparentados con sentimentos e lembranzas. A imaxinación merécese un premio ¿non si?. Do que tampouco teño dúbidas é de que hai soños que non teñen porqué cumprirse á primeira, ou á segunda. So que hai que loitar polo que se desexa, sexa referente ó amor, ó traballo ou ó que sexa. É mellor tentalo as veces que sexa que terse quedado coa dúbida por non ter insistido. Iso sería o pior. Moitas accións poden cambiar o curso dunha vida. É como o caso de non atreverte a dalo paso co home ou a muller a quen queres pero que non te atreves a pedirlle para que sexa a túa parella. Non lle debemos poñer trabas ós soños que realmente queremos acadar. Xa sei, xa sei, dicilo é moi doado, pero facelo é máis difícil. O primeiro en recoñecelo é servidor.
Remato: Paulo Coelho afirmou "Nunca desistas de un sueño. Sólo trata de ver las señales que te lleven a él". Lembrade que tamén os soños se poden facer realidade...Por si acaso, e como din que “home precavido vale por dos”, irei mercando un traxe e unha garabata...
UN ARTIGO ELABORADO POR:
Julio TorresCoordinador de
A Lareira Máxica