** ¡Qué rabia me dan los ladrones de antenas de coche!
SANTIAGO DE COMPOSTELA. Alvariño
Me han robado la antena del coche en el parking que hay justo al lado de Hacienda, en Santiago. Curioso, sí, curioso, por lo visto en esa zona hay mucho aprovechado junto. No era una antena cualquiera, era especial. Especialmente cara, porque era pequeñita para poder pasar por debajo del portal de mi garaje sin tropezar con él. Es que la antena que viene de serie no me sirve. Con las prisas se han llevado la antena y han dejado el tornillito adaptador en el sitio. Lo más probable es que no les haya servido para nada. ¡Hay que joderse!
Alvariño, el rabioso.
10 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
A min tamén mo fixeron unha vez e senta fatal. ¡Aproveitados!
A min tamén me roubaron varias veces a antena do coche e destrozos varios.
O curioso e que sucede en lugares, que supostamente deberían estar mais vixiados, je....A verdade é que fastidia, entra unha impotencia...
So decirche enerxía positiva.
E a min que ma roubaron na porta da casa... si o collo...
Alvariño, abofé que hai xente para todo e as antenas dos coches non é, por desgracia, unha excepción. Estou contigo. Xa ves que non eres o único.
Por certo, Vilagonde, benvid@ de nov@, un pracer lerte tamén en A Lareira Máxica!!!. Un saúdo e gracias polos teus comentarios.
Supoño que sería unha gamberrada. A lo menos parece que desapareceu ese coleccionismo de simbolos dos coches.
Al lado de hacienda, Dios los da y ellos se juntan
Toupeiro, acertadísima observación. Débense xuntar no mesmo sitio por afinidade.
Pois, agora que o penso, inda tiven sorte, moita sorte. Con tantos ladróns soltos polo país e ¡só me levaron a antena!
Amenazo con volver o que pasa é que teño a ferramenta moi enferruxada. Falta de práctica. E de ganas. ¿Teremos "Oxino" no arsenal, digo, na estantería do garaxe?
Agora chove e non vou ir mirar. Xa tiven a gripe este ano e inda arrastro unha tos residual. -¡Cof...cof...!
- Estaste volvendo vello, Alvariño.
Diagnóstico do meu médico. Ten moito ollo clínico. Non é broma, usa lentillas e por riba pon as gafas. ¿E a que non sabedes que ten enriba da mesa? ¡Unha lupa! E logo di a xente que en atención primaria non hai recursos. Non se lle debe escapar nada, nadiña. Anque, no meu caso, equivocouse. Poida que teña a carrocería un chisco tocada. Admito que sí, que é verdade, pero que me chame vello o crápula do médico...
-Oiches, doctor, ¡e ti, máis!
Foi o primeiro que me veu a cabeza, adoito ver o telexornal.
¡Saúdos máxicos!
Hoxendía hai mais ladróns que setas. E mira que chove en Galicia!!.
Un pracer voltarle ler Alvariño
Ando oxidadísimo. Igualiño que o home de lata de O mago de Oz. De un tempo a esta parte escoito ruidos estranos que non son capaz de identificar. Empezaría a chirríar... ¡Claro! Ten que ser iso.
Pois, tiña pensado ir ó médico esta semana. Pero, non creo que vaia. Total, que me trata de solteira decimonónica. Daquela había moita "histérica" solta. Inda daba o tema para unha entrada máis ampla.
Época victoriana e centos, ou miles, de mulleres ás consultas. A curarse. Fixeron peli do tema: "Hysteria". Ós médicos debíaselle cansar a man e inventouse o vibrador. Interesante. Logo, cando Freud empezou coa matrata da psicoanalise parece que se erradicou a histeria.
¡Qué tempos! Pois, inda queda algún nostálxico. Eu teño por costume rirlle as gracias, por cortesía. A fin de contas, é quen ten o poder para derivar ás consultas dos especialistas. Potestas e autoritas, é mellor estar a ben. Pero, como o vexo un chisco faltón, voulle devolver a pelota. Por falar demáis. Sempre me encantou o tenis.
O caso é preocupante e ten vertentes moi raras. O mercores pasado, unha xinecóloga, facendo aspaventos cos brazos, recriminoume non haber tido fillos. Seica facilita as histeroscopias. Pobre de min, teño que oílas en tódolos sitios. ¡Qué mundo me tocou! Menos mal, que teño recursos intelectuais dabondo para lidiar con estes elementos. Porque, fanllo a outra mulleriña máis sensible, ou máis tímida, ou máis apoucadíña, ou máis maltratada polas circunstancias da vida, e mesmamente, son capaces de facela sentir mal, ou culpable. ¡Qué rabia me da o machismo de merda! Da ecografía, mellor non falar. ¿Ou si? Non fixo falta papel para limpiar o xel conductor de ultrasonidos. A saco e para dentro. Non tiven que sacar os zapatos. Nin os pantalóns, nin as bragas. Nin sequera puden abrir as pernas. ¡Canto apuro! Cero delicadeza. Pregunteille a paciente que me antecedeu se era o habitual. Confirmoume que sí, polo menos co tipo aquel, que para máis inri, seique lle tocaba sempre.
-Que trato máis deshumanizado-díxenlle eu.
-Cala, cala, que nin sequera nos miran para a cara -respondeume a rapaza.
Publicar un comentario