** Laura aínda segue estando....
SANXENXO. Julio Torres
H
ai cancións que se che meten na cabeza e non se despegan dela ata pasadas unhas horas. No mellor dos casos claro. ¡A que non lle pasou isto algunha vez!. Onte, ó chegar á casa, encendín ese aparello que convirte en anónimas facianas as verbas alí pronunciadas. Circunloquios a parte, é máis coñecido como radio. A radio, a nosa radio. Ese ser que un servidor bota tanto de menos, no que tiven a sorte de traballar en 1998 e que nos fai compañía namentres facemos outras cousas, pois non hai perigo que caiamos na tentación de ter que ver o que alí dentro sucede. Nada de olladas, as miradas están prohibidas neste lonxevo pero eficacaz e inmediato trebello.
Pois ben, o asunto é que na emisora de música que sintonicei, soaba unha canción que me trae a colación o tema de marras, isto é, as cancións que non se che van da cabeza. Que se meten como piollos que se resisten a abandoar o pelo dun can. Ás veces é porque che gusta, e non pasa nada. Outras, existe o perigo que a chegues a odiar. Polo menos unha tempada. E iso foi o que me pasou coa que escoiten onte. Soou alá por finais dos 90. Ó principio estaba ben, pero logo farteime dela. Se coñece que o tempo todo o cura, pois hoxendía nin a odio nin me entusiasma.
Isto lémbrame que as radiofórmulas comerciais bombardéanos con cancións que nos acaban gustando so a base de oílas. As cancións boas de verdade, ó meu entender, son aquelas que basta unha ou dúas veces que as esoites para que che gusten e non 20 ou 30.
Bueno, por hoxe é todo, déixovos que parece ser que "Laura no está". Ou iso dicía Nek alá por 1997. Se coñece que se marchou con Paco Lobatón pois case quince anos despois segue desaparecida. Quen sabe onde...
3 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
A música pode chegar moi fondo. A música trae bos e malas lembranzas, faite lembrar cun sorriso, con nostalxia, ou incluso pódete facer chorar, como di unha canción de Marta Sánchez e ............. A música golpea sen dañar.
A música faite vibrar, sentir, soñar....
É difícil explicar con palabras os efectos que a música pode facer nalgunhas persoas.
Aínda non chegou, pero case...boa fin de semana a todos.
Gustoume o comentario de Sonia, penso igual.
A min tamen me pasou o de ter na cabeza o son dunha canción que non che gusta. aaaaaaaaahhhhhhhh¡ que suplicio, ata que te olvidas dela ou atopas outra que che fai esquecer a anterior. Por outra banda, estou moi cabreado con algunhas emisoras de radio que por haches ou por bes, sempre votan as mesmas cancións dos certos cantantes. E pasan os anos e sempre escoitas esas cancións. E que parecen que estan enchufados. E o final as suas cancións entranche na cabeza a base de repetilas durante anos e anos.
Publicar un comentario