sábado, 29 de outubro de 2011

** Menos pode ser máis


SANXENXO.Julio Torres


É certo, ás veces menos é máis. Non por decir moitas cousas vas dicilas mellor. Como tamén se soe dicir: "lo bueno, si breve, dos veces bueno". ¿A que ven isto? Pois ben a que sempre hai xente aproveitada e xente que non ten ideas máis alá do momento. Estou pensando neses comerciantes que por ganar un euro máis poden perder un cliente. Vamos que poden ganar máis no momento, pero perder moito á larga.

Hai moitas persas vendedoras que non valen para vender, ou mellor dito, que non pensan en vender a longo prazo, senón a curto. Grave erro. Iso por non entrar en que hai moito vendedor desagradable. ¿A quen non lle pasou algunha vez? Saber perder para logo gañar (é preferible perder de ganar algo a perder un cliente), a confianza, o trato e a seguridade deberían ser aspectos moi importantes para quen quere prosperar como vendedor ou comerciante. Os detalles son moi importantes para os clientes. E ¡ollo!: non se trata de enganar ó cliente dicíndolle que algo vale máis do que en realidade custa para, acto seguido, "rebaixarlle" dous eros o precio, deixalo quedar no precio real e facerlle crer ó cliente que lle fixestes un detalle. ¡¡ Cóllese antes a un mentiroso que a un coxo!! Hai vendedores con con pouca amplitude de miras ou demasiadas, segundo se mire... Así de sinxelo.

6 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Toupeiro dixo...

Me dixeron de un restaurante que cobra o aceite e o vinagre.
Dificil fidelizar clientes.

Mariam dixo...

Un vendedor que non sexa capaz de identificar e satisfacer as necesidade dos seus clientes vai directo ó desastre. Os tempos da abundancia e o crédito fácil xa pasaron e agora hai que esforzarse moito máis.
Algúns vendedores son uns patéticos, levas toda a razón. ¡Ollo con eles!
Menos mal, que o cliente inda pode buscar, comparar e elexir o que mellor lle pareza.

Julio Torres dixo...

Toupeiro: Haichos que aínda nos van cobrar por falar ou respirar...

Mariam: totalmente dacordo. Olvideime de facer referencia a que hai vendedores que parece que che digan que che están facendo un favor, cando, en moitas ocasións, faslle ti máis o favor a eles que eles a ti. O de "busque, compare y se encuentra algo mejor, cómprelo", sigue aínda de rabiosa actualidade. Non so no producto e o seu precio senón no trato dispensado. Non hai nada mellor que un cliente satisfeito sen haber engano de por medio. So tratándoo ben. E agora co tema da crise, se se descoidan igual quedan sen clientela....

sonia dixo...

Está claro, un bo vendedor é aquel que vende a longo prazo, que vende sen mentir, sendo fiel ao cliente. A longo prazo gañará moito máis, porque a boa fama atrae a máis xente.

A mentira, a publicidade enganosa penso que non vale de moito, porque no momento que se engana a un, corre a mala fama.

Sen embargo moitas empresas nos teñen "agarrados", non sei expresar a rabia que sinto e o inxusto que me parece, todo o tema de telefonías en xeral. Para vender estas listos, para solucionar no hai ninguén, pobres empregados, pagan xustos por pecadores. Poderían dar a cara os xefazos. O sinto, pero non entendo ese mundo....

Julio Torres dixo...

Ayyyyy, esas telefonías coas súas máquinas intelixentes...Por certo, que detrás das máquinas sempre hai unha persoa encargada de escoitar o que din os clientes. Ou iso teño entendido. Pero son detestables as máquinas. Creo que hai vídeos de humor en youtube sobre iso "Ha dicho 4 (cando dixen 1,etc)".
Gracias Toupeiro, Mariam e Sonia polos vosos comentarios. Saúdos máxicos. Carpe Diem!!!

O Moucho dixo...

Estou dacordo con Sonia. Un bo vendedor é aquel que vende sen mentir. A ambición por vender a toda costa é detestable. Coñezo algun comercio que si ve que non che gusta ningun modelo, minten dicindo que che queda moi ben, que che queda ideal, que está na tua talla,... ainda que che sobren 5 centimetros de hombro. ¿Para que engaña-lo cliente? Si non eres sincero, pois o cliente cabrearase e non volverá outra vez.