domingo, 30 de outubro de 2011

** ¿Quen sabe onde andará este paxaro?



O Moucho (Búho) é un paxaro moi asociado, xunto coa curuxa (lechuza), ó misterio ou ó medo. Agora que se acerca a Noite de Difuntos tede coidado se o vedes...

7 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Toupeiro dixo...

Este mirame con mala cara ¡que medo!

Mariam dixo...

Pois, ó mellor, ándalle ensinando pasos de bachata a unha curuxa. A min non me mete medo o moucho, ó contrario, paréceme moi fermoso. ¡Saúdos!

Julio Torres dixo...

Sí ten unha mirada que mete medo Toupeiro!!!

Jajajajaja. Moi bo, Mariam!!! Dar non da sinais de vida incluso nesta noite máxica...

sonia dixo...

Marian coincido contigo, non me da medo, ao menos velo a distancia. Recórdame o buho sabio.

Julio Torres dixo...

O Moucho aínda non deu sinais e xa pasou a noite de Samaín (na tradición celta)

O Moucho dixo...

jajajajajajajajajajajajajajajajaja. Aquí chegou O Moucho. Gracias por pensar na miña pequena persona. Para a vosa información, volvo a retomar as clases de baile, pero ainda non atopei unha curuxa que me acepte de corazón na miña vida. Tempo ó tempo, ai que ter esperanzas ainda que sexan poucas. Encantanme estes animais. Tamen as demais aves rapaces e aves de presa. Son fermosisimas. Pero o moucho e todas as suas variedades son moi misticas, agradables e increibles polas suas habilidades e para dicir mais, moi incomprendidas fai moitos anos. Pois o feito de ser depredadoras xeralmente nocturnas, eran relacionadas co mal ou coas bruxas. Por eso foron moi mal miradas polos nosos antergos. Para min son seres fantasticos que me sorprenden.

Alvariño dixo...

Estupendo, ¡o noso Moucho volveu!