martes, 7 de abril de 2009

** Móviles....¿que dano poden chegar a facer?

Moito se especula co efecto nocivo dos móviles para a saúde. O tema dos cáncer e as antenas de telefonía é unha preocupación que está aí. Non sei se producen ou non cánceres, pero do que sí estou seguro de que para a saúde bo tampouco poden ser.

Envioume Jose un vídeo sobre cousas que poden ser capaces de facer estes aparellos. Mellor que o vexades, e xa opinaredes...Reflexiona, acertadamente, Jose: Se son capaces de facer iso os móviles, que non farán no cerebro humano tendo en conta que os pegamos a nós para falar. E engade servidor: un cóctel...moi explosivo.





VÍDEO REMITIDO POR: Jose
Colaborador de A Lareira Máxica

OPINIÓN DE: Julio Torres

1 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

. dixo...

http://www.snopes.com/science/cookegg.asp

O que fai que un microondas quente é que o forno ten un aillamento para evitar que as microondas saian del, incidindo unha e outra vez no que sexa que haia dentro e, por tanto, quentandoo.