mércores, 22 de abril de 2009

** Unha de extraterrestres e astronautas

Non sei se existen ou non. Quizás Iker Jiménez podía facer un maratón para convencernos de que sí. O que me causou sorpresa foi este artigo publicado en La Voz de Galicia e que me remitiu María, unha das nosas colaboradoras. Convídovos a opinar.

Descoñezo se haberá vida noutros planetas. O que me sorprende máis é o que di o ex-astronauta de que o goberno dos Estados Unidos sabe da súa existencia pero que a mantén en segredo...Hummm...E digo eu ¿serán marcianiños simpáticos estilo Mars Attaks que odíen certos estilos de música ou serán seres menos simpáticos e máis terroríficos ó estilo doutras películas ou series? ¿Por fin descubriremos a súa cor de pel? ¿Serán feos ou adoptarán o físico dun humano como nas películas? ¿Serán primos dos lagartos de V? ¿Comerán ratos? ¿Terán platillos volantes ou usarán algún coche espacial?¿Será tamén dunha coñecida marca francesa?¿Haberá crisis fóra do planeta Terra?. A bote pronto cantas preguntas se me ocurren...Bromas a parte, o que sí penso e que o universo é demasiado grande para que so vivamos nós. Outra cousa é o do suposto hermetismo político...Ah, gustoume moito a frase ¿irónica? de Obama!!



UN ENLACE REMITIDO POR: María
Colaboradora de A Lareira Máxica


OPINIÓN DE: Julio Torres

3 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

migramundo dixo...

A cousa ten o seu aquel. Como suxiro no meu post, quizá ao señor Mitchell non lle sentaron ben os aires do espazo. Ben pensado, tampouco se poden pechar portas, porque... ¿que pasaría se fose certo? Dá que pensar, desde logo. Apertas.

María dixo...

A verdade é que nesta época que nos tocou vivir de crises, medos e paranoias, paréceme que era o que nos faltaba xusto agora, empezr a preocuparnos por se deciden vir facernos unha visita, lles gustamos, quedan, e ...........
Dende logo que a noticia da que pensar, e tamén da para opinar. Eu paso de mollarme nesta ocasión, peor un pouco espeluznante si é. Da ata medo.........

sonia dixo...

O universo é infinito, por suposto non sería extraño que houbese vida nalgún lugar do universo.
Por un lado, o descoñecido da medo, por outro considero que sería xenial, saber que non estamos sos, que podemos aprender doutros seres.
Ao mellor poderían aportarnos moitísimo e aprender a comunicarnos con eles sería todo un reto.
Pero bueno, quen sabe, a incognita está ahí, un pode crer ou non crer, pero non hay unha certeza absoluta, nin estudios científicos que o avalen ( sin haber controversias. Pois un din que sí, outros que foi un invento da...........)
A vida ten tantos misterios e a nosa mente humana é tan conplexa.
Ata o ser humano é un misterio....