** Cultural.es empeza a emitir en probas
Mañán verá a luz o novo canal de TVE na TDT "Cultural.es", adicado, como o seu nome indica, á cultura. Principiará emitindo en probas para despois incorcorparse ó menú da TDT o vindeiro ano. En realidade sustituirá a "Docu TVE" que ven emitindo por satélite (por internet pódese ver se temos o programa axeitado). Unha boa nova que nestes tempos de telelixo haxa un canal cultural. Mágoa que so o ente público aposte por este tipo de programación. As privadas prefiren coller outros camiños...
Velaquí a promo do novo canal:
3 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Parece que pode ser un bo canal. Recoñezo que as veces vexo poucos programas culturais, e detéñome máis en ver series, películas, menos mal que vexo o telediario e algun documental puntualmente.
A verdade que a telivisión e a caixa tonta, aínda que ben utilizada é un gran recurso.
Sí deberíanse promover máis canais culturais.
Finalmente, o tempo demostrou que nos enganaron. Cultural.es non se chegou a ver en TDT (so nas plataformas de pago), nin se verá, xa que decidiuse non seguir adiante co proxecto. Iso sí, véndennos que se fusinará con La 2 en septiembre de 2010. Falso, pois na actualidade xa hai programas de Cultural.es que xa se ven na 2.
O lugar que deixa Cultural.es será ocupado, segundo se di, polo Canal Parlamentario...
O dito, unha mágoa.
¡¿Canal Parlamentario?! Co cansinos que son os políticos vai ter unha audiencia... En fin, alá eles.
Polo menos, a TVE sen publicidade mellorou moito, agora ata se pode ver unha peli sen morrer no intento.
Publicar un comentario