** Domingo día 5 de abril, unha data especial....
Esta última semana estiven enfermo polo que non puiden atender A Lareira Máxica como quixera. Tanto cambio de tempo tiña que pasar factura... Contaba un servidor ter publicado varias cousas. Tampouco as puiden deixar programadas para publicarse automaticamente chegada a data sinalada porque o touro envistiu a traición. Bueno, ó gran: unha dos artigos que quixera ter publicado era un moi especial, adicado a unha gran persoa, amiga e colaboradora deste blog de nome MARIAM que o pasado domingo estivo de cumpreanos. Aínda que sexa por retrasado,FELICIDADES MARIAM!!!!. Aproveito para agradecerche unha vez máis, a túa valiosa e inestimable aportación, ó igual que a de tódolos colaboradores (non regalo eloxios gratuítos, non vaiades pensar, gústame acordarme d@s que merecen ser). Algúns, por desgracia, xa hai tempo que non sabemos nade deles, aínda que estou seguro que calquera día nos voltarán a agasallar coa súa presencia. Estoume acordando por exemplo de Alvariño e dos seus relatos da vida cotián de corte tan tan....Alvariño. Xa hai máis xente que me ten preguntado, en concreto, por el. Espero que nada malo lle tivera acontecido. Toquemos madeira.
Pero este primeiro post do mes de abril vai ADICADO, especialmente, a Mariam unha das colaboradoras máis activas de A Lareira Máxica, desde que foi creado un 1 de maio de 2006. Cómo pasa o tempo!!!
5 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Felicidades a Mariam!!! E menos mal que xa estás de volta Julio. Xa decía eu que esto levaba moitos días parado.
¡Hola a todos!
Moitas grazas polas vosas felicitacións. Boa falta me fai a enerxía positiva porque isto de cumprir anos... ¡cada vez lévoo peor! É o que ten cumprir anos, cada ano que pasa "enriquéceste" un pouquiño máis. É case inevitable coller algún kiliño novo que vai parar directo a barriga ou o cu. Por suposto, ca celulite das pernas xa teño a guerra perdida. Aparecen novas arruguiñas e tamén, moi ó meu pesar, voume enterando do que é iso da "flacidez". Vou ter que comprar un tarro de Olay total efects que seica prancha que da gusto. Na cara tamén teño novas manchiñas e as vellas fixéronse máis escuras. O sol, claro. Antes, cando as compresas non tiñan alas, non había máis sentidiño e na praia untábamosnos con Nivea, (si, si, a da caixa azul, cero protección solar, o importante era poñerse moreno, que para iso íamos a praia e aturabamos os tremendos atascos que sempre había en Padrón). Daquela, cando o tambor do deterxente aínda era redondo, tampouco había autopista Santiago-Vigo. ¡Qué tempos! Si, confésovolo, teño viaxado moito no asento traseiro dun 127, branco, de dúas portas, Coruña-C, ¡¡sen aire acondicionado!! Este coche foi un clásico, o primeiro coche que houbo na miña casa. Non sei cantos anos tería cando o vendemos, un montón deles. Así, de repente, sen pensalo moito, alomenos 15 anos. Dúrannos moito os coches, é cousa de familia. Para librarse das manchas, a despigmentante de toda a vida: a crema Bella Aurora. É un pouco difícil de atopar pero grazas a deus, que apreta pero non afoga, téñena no Corte Inglés. Pois iso, a certa idade os cumpleanos conlevan ampliar a vella colección de potingues e, asimesmo, empezar outras novas: reafirmantes de senos e blanqueantes dentales. Se non o sabiades o té inglés mancha tanto os dentes coma o café de colombia. Queda claro, neste noso mundo xa non hai fronteiras. As reafirmantes de senos non admiten demora. A gravidade é a gravidade, que mo digan a min e a Newton patada no cu e para a casa a rascala. En fin, cumpleanos ¿feliz? Non sei...
Je, je, je. Mariam: véxote queimada eh. Lémbrasme a unha amiga que sempre di que en canto cumpriu os 30, todo empezou a caer. Pero bueno, se non fose así tampouco creo que fose moi boa sinal. Pensa que cada unha desas novas enrugas é unha experiencia máis. Xa sei que non consola, pero ...
Oe, por certo. Grazas polas recomendacións de cremiñas que nos fas eh, je je. E por advertirnos en contra do café colombiano e o té inglés, ou para que están os españois, je je.
Hai que botarlle humor ó asunto, que as penas con pan ..........
E máis importante o contido que o envoltorio, amiga Mariam!!!!!! Peor sería ter un corpo pettit suisse pero ser unha mala persoa. Iso sí que sería para preguntarse.
O físico axuda, pero non é o máis importante nesta vida. E senón fíxate en Teté Delgado. SEN COMPLEXOS!!!
E se do físico falamos pois que queres que che diga, prefiero antes algo auténtico, aínda que non sexa perfecto, e non unha Anita Obregón con perigo de derrumbe...
Felicidades Mariam, aínda que chegue tarde.
Publicar un comentario