** Unha tortilla de patacas que devora ensaladillas rusas
Non, non, non vou falar de comidas. Permítaseme a metáfora para celebrar a victoria por 3-0 de España fronte a Rusia, nas semifinais de Eurocopa de Fútbol. España mollouse por partida dobre: amais da intensa choiva que tivo que soportar, mollouse e doulle un baño metafísico á selección rusa. Extraordinario xogo, e espléndido partido. Os goles correron a cargo de Xavi (excepcional pase de Iniesta e gran partido), Dani Güiza e Silva (menudo futbolista). Sergio Ramos, Puyol e Marcos Senna, moi loitadores, tamén merecen especial mención.
24 anos despois, España volta disputar unha final. Aínda me lembro daquela Eurocopa disputada en Francia, que a selección anfitriona nos gañou. Para clasificarnos para esa Eurocopa tiveramos que vencer 12 a 1 a Malta, e logo chegamos á final... Arconada, Camacho, Rincón, Santillana, Señor e moitos outros...
Este domingo España xogará a final contra Alemania. A nosa selección so gañou unha Eurocopa, a de 1964. Vai ser difícil, moi moi difícil vencerlle ós alemáns. Sinceramente, vexo moi moi compricado. Pero soñar non custa nada.
É incrible ver a un país inmerso nunha tremenda crise económica refuxiarse e afogar as súas penas no fútbol. Isto lémbrame a Arxentina nas Olimpiadas de 2004, onde se proclamou campiona de baloncesto e de fútbol (se non me trabuco) cando a crise económica campaba (e aínda segue) ás súas anchas no país sudamericano... ¿Presaxio bo para España a nivel deportivo?
¿Cal cres que vai a ser o resultado na final? Sexa cal sexa, que nos quiten o xogado e a excelente imaxe futbolística amosada polos xogadores de Luis Aragonés ata o de agora. ¿Seguiremos podendo? Ougallá... Hoxe a tortilla de patacas zampouse a ensaladilla e o filete ruso. Iso é un feito.
UN ARTIGO ESCRITO POR: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica
2 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Yo apuesto por un España 3 Alemania 1. Vamos a ganar la segunda Eurocopa de nuestra historia. un abrazo.
Coido que imos ganar na prórroga por un 3 a 2 pero vai ser un partido moi difícil. Gracias Fernando pola visita e polo comentario
Publicar un comentario