mércores, 4 de xuño de 2008

** Crónica dunha morte anunciada. Versión Sexta

"El día que lo iban a matar, Santiago Nasar se levantó a las 5:30 de la mañana para esperar el obispo. Había soñado que atravesaba un bosque de higuerones donde caía una llovizna tierna, y por un instante fue feliz en el sueño, pero al despertar se sintió por completo salpicado de cagada de pájaros..."

Así principia a novela "Crónica de una muerte anunciada" dun dos meus escritores favoritos. Algún día falarei del, ou de Aureliano Buendía. Quen sabe. O asunto é que hoxe traio a colación esta cita deste literato e escritor por outro motivo.

Parafresando a G.G.Márquez poderiamos dicir que: "El día que lo iban a matar, Rodolfo Chiquilicuatre, se levantó...". Sí, era a crónica dunha morte máis que anunciada. A deste personaxe creado pola factoria de El Terrat, a productora que dirixe Andreu Buenafuente, e quen produce o seu programa de ligth nigt en la Sexta (Antes en Antena 3).

Cando crearon o personaxe de Rodolfo so era para mofarse de Eurovisión e, de paso, divertir ós incondicionais de Buenafuente. A persona elixida foi David Fernández. El daría vida a un daquela desoñecido Rodolfo Chiquilicuatre. Hoxe, este ficticio personaxe despídese da vida. Vai morrer, como antes o fixera "El Neng" da man de Edu Soto. Todo personaxe ten un ciclo, e o de Rodolfo xa chegou. A súa defunción producirase no programa de hoxe. Ou así está anunciado desde hai uns días.

A morte da personaxe é lóxica. Cumpriu o seu obxectivo con creces. O Festival de Eurovisión xa pasou. Nunca se imaxinaron que irían. Ou iso penso. Era unha pseudo-canción. Non era tema para gañar. So para burlarse dos texe-manexes políticos de Eurovisión, un festival que hai tempo que perdeu o seu prestixio a pasos axigantados, especialmente nos últimos anos coa incorporación de multitude de países do Este Europeo, gran parte escindidos doutros máis grandes como a antiga U.R.S.S. ou da Yugoslavia. Para cumprir o obxectivo de burlarse de Eurovisión, sin dúbida, sí que era o representante axeitado. Para gañar, non. Pero, como xa se sabía que iso sería imposible pois afrontalo con humor e burla a min pareceume ben. So nese sentido.

Por certo, o outro día lembreime de Anabel Conde. ¿Algúen se lembra? Esta si que era cantante. Representou a España no ano 95 e quedou de .... 2ª. En cambio non triunfou despois. Cousas da vida.

En fin, que Rodolfo foi un personaxe que nos fixo rir a tod@s e que nos contaxiou un baile divertido. E demostrouse que gran parte de España ten humor. E iso, como xa sabedes, é moi importante na vida.

Hoxe David Fernández voltará a renacer e deixará de ser Rodolfo, a personaxe que o posuiu nos últimos meses. Chapeau polo humorista David Fernández e polo ben que o fixo. Ah, o de quedar 16º no Festival, tendo en conta que non era cantante, pois foi un resultado honroso (incluso por riba doutros representantes españoles dos últimos anos...).

Descanse en paz, Rodolfo Chiquiluatre. "Perrea, Perrea!!! Y el chiki, chiki se baila así..."

¿E vós que opinades do "efecto Rodolfo"?



UN ARTIGO ELABORADO POR: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica

2 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Anónimo dixo...

Moi boas!. Eu e que teño debilidade por Buenafuente. Pra min é o mellor humorista que hai na caixa parva nestes intres. En canto a que gran parte de España ten sentido do humor, teño as miñas dúbidas, sobre todo despóis de ler certos comentarios por ahí. Ademáis, había xente que cría que era unha persoxe real.
Un saudo e deica logho!

Anónimo dixo...

Está claro que coa canción de Chikiliquatre demostrouse que o festival de Eurovisión é todo política.
O que me apena deste tema, é a pouca valoración que se lle da a canción.
O humor está ben, é necesario....Pero Eurovisión suponse que é un festival de música....polo tanto así debería funcionar, non por política, nin interese.
Xa sabemos que nun festival sempre hai de todo, pero creo que coma cantante sentiríame fatal, se un tema que mostra música, cante....non se valora e se prioriza unha canción que é máis ben cómica.
Hai cancións que quedaron de últimas, e como música penso que eran moito mellor ca nosa.
Estoume liando, quero decir, cada cousa debería estar no seu sitio, unha cousa é espectáculo, outra humor e outra canción....sobre todo porque as veces, detrás de todo faise dano a moita xente.
O que está claro é que se demostrou a política, intereses que hai en Eurovisión, e paréceme normal que perda prestixio...