luns, 16 de xuño de 2008

** Atención: é posible que nos cobren por recibir chamadas

Primeiro dinnos desde Europa que queren poñer en 65 horas semanais a xornada laboral. Unha clara involución, "moi acorde" coas medidas de lexislación en favor da conciliación da vida familiar e laboral.

Agora unha comisaria europea de telecomunicacións afirma que é posible que as operadores de móviles nos cobren en moi pouco tempo por.....RECIBIR CHAMADAS. A ela non lle parecería mal...

Todo iso unido á alza dos carburantes e das hipotecas....Vaiche boa, Vilaboa!!!

Claramente son medidas involutivas. Isto cheira a folga xeral das gordas gordas a nivel europeo de seguir así. E é que a galiña dos ovos de ouro vai acabar explotando. Namentres as empresas petroleiras, as inmobiliarias, os bancos e as compañías de telecomunicacións non fan máis que obter máis e máis beneficios, en especial as petroleiras...

¿Que vos parece a vós todo isto? A Lareira Máxica quere saber a vosa opinión. Por favor, opina!!!

Ah, canto ó móvil, se cobran por recibir chamadas, servidor prefire retroceder 10 anos no tempo e quedarse sen teléfono. A saúde agradeceríao, sobre todo logo de coñecer esta fin de semana que novos estudios científicos afirman que o uso de móbiles podería incrementar as posibilidades de ter cáncer.



UN ARTIGO-OPINIÓN ELABORADA POR: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica

.................................................................................................................................

A Lareira Máxica: "...Se Isaac Newton levantase a cabeza..."

3 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Anónimo dixo...

E qué ló!. Eu xa o teño bastante claro. O móv/bil (e con b ou con v?) persoal no no uso case nada, así que non me suporía un tráuma desfaçerme del. Se me cobran as chamadas reçibidas non dudarei botalo ó contenedor de reçiclaxe.
Que lles dean pólo a tódalas multinaçionais, pe-Troleiras, bancos usureiros e demáis alimañas chupacartos que pululan neste desghraçiado planeta.
Saúdos e aburiño!

Anónimo dixo...

Xa non entendo nada, por suposto párece unha barbaridade. Non chegará con pagar as chamadas que realizamos.
Sí, en vez da avance, penso que retrocedemos en moitos aspectos.
Non sei como acabará todo...

Anónimo dixo...

Qué barbaridade! Entón, vai ter que pagar tanto o que fai a chamada como quen a recibe. É dicir, pagar o mesmo produto dúas veces. Era o que faltaba. Hoxe mesmo, a mediodía, contaba miña nai que antes, nos cincuenta e nos sesenta, seica se pagaba por ter carro e can. Eran uns impostos municipais que se chamaban “arbitrios”. O do carro xustificábase no feito de que as rodas dos carros gastaban os camiños. O do can non sabemos que xustificación tiña. Meu irmá e eu rímonos do “imposto de tenencia de can”. Pois, agora xa non me fai tanta graza. Vivimos tan asfixiados polos impostos e polos abusos que calquera día…
O da electricidade tamén é outro escándalo, primeiro vendeuse a tarifa nocturna coma unha enerxía limpa e asequible e agora ¡subidón! Pois, puideron avisar antes de que as tarifas tiñan que subir. O goberno ou o ministro de industria tiñan que estar o tanto da cuestión. Non se dixo nada. Non interesaba. Xa se sabe, hai verdades que matan e que nunca se divulgan cando hai unha cita electoral no horizonte.