xoves, 26 de xuño de 2008

** A Lareira Máxica, Premio Paracelso 2008

Toupeiro, editor do blog Toupeira-Toupeiro (o cal vos recomendo visitar na Eira dos Blogs na marxe dereita de A.L.M. ó final: moi entretidoa e divertido, e non é un cumplido senón comprobádeo) ven de facer entrega duns premios a varios blogs, entre os que ten o gusto de encontrarse A Lareira Máxica, galardoada cun dos premios Paracelso 2008. Gracias, amigo Toupeiro. O premio fago extensible a todos aqueles que participan facendo artigo ou comentarios neste blog de temática mixta e espíritu colectivo.

A verdade é que o premio, aínda que sexa simbólico, anima a continuar, a seguir aí, a pesares de que ultimamente non podo adicarlle o tempo que un quixera. Pero na vida hai prioridades máis importantes e o blog non deixa de ser unha maneira de levar adiante o lado de xornalista dun servidor, profesión que me gusta moito e na cal hai uns anos que non traballo, pero que adoro. GRACIAS A TOD@S por colaborar e estar aí, en especial a Toupeiro por este premio otorgado. MOITAS GRACIAS!

1 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Anónimo dixo...

Noraboa polo premio.
Sei que vos teño moi olvidados, pero o tempo e as circunstancias non me dan para máis. Iso si, visito o blog sempre que podo aínda que sexa de xeito silencioso. Gustaríame poder seguír colaborando coma antes pero ....
Saúdos a todos.