** Arribederchi Italia!!! Puidemos!!! ¿Seguiremos podendo?
A historia recente e a non tan recente xogaba en contra de España. A selección non superaba os cuartos desde hai tempo. E nun 22 de junio, data maldita, sempre quedaba eliminada. A iso, había que sumarlle que nesta Eurocopa tódolos campións dos outros tres grupos quedaron eiminados contras os segundos nos cruces de cuartos. E, curiosamente, os campións fixeran pleno de victorias na primeira fase e desplegaran un bo fútbol....
A historia quedou atrás (e que o siga facendo). POR FIN!!! España,de momento, mudou a súa faciana e pasou de cuartos nun 22 de junio. Espléndido partido de Silva, Senna e Iker Casillas (Decisivo na tanda de penalties, parando dous dos catro lanzamentos dos italianos). Iso sí vencemos con sufrimento e nos penalties. Pero PASAMOS. So un pero: os futbolistas españoles enfurruñáronse en atacar polo medio case todo o partido, desbotando o desborde polas bandas. Ougallá sepan rectificar contra Rusia, o rival en semifinais. Na fase de grupos gañámoslle 4-1, pero OLLO, que nese partido non xogou a súa estrela Arshavin (menudo partidazo fixo contra Holanda). Vai ser un partido moito máis difícil desta vez. E creo que nos van xogar con tres defensas centrais co obxecto de atascar o ataque de España. Hiddink é un gran estratega e amosouno o pasado sábado.
A CLAVE: Se a España non se lle sube moito o triunfo ante Italia e pelexa o partido ante Rusia e usa as bandas, ten moitas posibilidades de pasar. Pero non o vexo claro. As seminfinais están servidas: ALEMANIA-TURQUÍA (Mércores 20:45) e ESPAÑA-RUSIA (Xoves 20:45). Por fútbol merecerían gañar España ou Rusia, pero quen sabe...
Ougallá España chegue á final e a gañe, pero non vai ser doado. Sorte!!!
¿Gañaralle España a Rusia? Opina.
UN ARTIGO ESCRITO POR: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica
0 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Publicar un comentario